PDI: ONDE VIVIMOS?

XUSTIFICACIÓN. As cidades, os pobos, as  aldeas nas que vivimos déixannos un gran tecido emocional: ese recordo da beirarrúa onde nos despedíamos dos amigos antes de voltar para a casa, do parque onde de nenos xogábamos e brincábamos longas horas, o café onde pasábamos o tempo cos máis queridos, a parada do autobús que nos levaba ao colexio cada día. Diferente para cada persoa.  O noso pobo é o mesmo para todos, pero cada un de nós o facemos diferente. Gaña vida cando nós nos facemos conscientes da súa existencia.

Esta idea fixo que dende o equipo de biblioteca valorásemos a  necesidade de facer aos nenos e as nenas conscientes da importancia de coñecer en profundidade todos os recantos da noso pobo: Forcarei.

Onde vivimos? recolle este sentimento, e pretende axudarlle ao alumnado na construcción da súa propia identidade xunto coa do seu pobo.




Xa van alá varios meses, dende a proposta inicial, por parte do equipo de biblioteca desta temática. Polo, que chega o momento, despois de tantos apuros, ansias, videos, charlas, asembleas.... de poñelo a disposición do resto da comunidade, de que pais e nais, de que avós  e avoas, se decaten da fermosura de pobo no cal teñen a sorte de vivir. Unha comarca chea de grandes personaxes, pero sobre todo de grande cultura, tradicións...... que os alumnos do colexio nos paramos a analizar durante este curso escolar. Aí vai un chisquiño do noso Proxecto Documental Integrado. 

Empezamos polos máis pequenos, os de EDUCACIÓN INFANTIL de 3 ANOS. Que a pesares de ser inferior en idade non o son en traballo. Estes cativos presentáronnos o mapa de Forcarei, que conta, para aqueles que non o saibades con 13 parroquias. Na seguinte presentación decatarédesvos que ademais de coñecelas saben ubicalas no seu mapa.
 

Pero, isto non foi todo, xa que os compañeiros e compañeiras de 5º de Educación Primaria afondaron nesas parroquias e permitíronnos coñecer aspectos demográficos, xeográficos e históricos de cada unha delas. Aquí  tendes un resumo do seu traballo.

 
Parroquias from María Abilleira Pomar on Vimeo.


Cos Pícaros, alumnos de Educación Infantil de 4 anos, coñecemos os pratos típicos da zona: galiña ao sal, richada, caracois. Xa sabesmos que na gastronomía de Forcarei existen máis delicias pero.... foi unha cuestión de tempo.

Tras a boa comida, sempre está ben un pouco de baile. Nesta ocasión os encargados de amenizar a festa foron os alumnos e alumnas de 1º Educación Primaria, quenes investigaron sobre un dos músicos máis ilustres da  zona: Avelino Cachafeiro, o Gaiteiro de Soutelo. Mirade, mirade ben, cantas cousas aprenderon!


Os maiores de Infantil, 6º Educación Infantil tamén estudaron, neste caso as árbores da zona e sobre todo aqueles que rodean o noso colexio.

As Pontes do Lérez foron as protagonistas do estudo de campo dos 21 rapaces e rapazas de 2º de Educación Primaria, os cales gozaron fotografándose coa súa correspondente ponte. Isto non foi todo, tamén fixeron unha composición artística para iustrar unha poesía de Xosé Otero Espasandín.


O 2º ciclo de Educación Primaria, 3º e 4º, trouxo as nosas mentes as festas, costumes e tradicións dos nosos devanceiros. Foron de gran axuda os maiores máis achegados dos nosos compañeiros que lles contaron datos curiosos sobre as profesións e oficios como canteiros, borreiros, gandeiros...; tamén nos falaron das festas e feiras, mitos, lendas, cantigas.... que compartiron con todos nós.
 
Tradicións,oficios e costumes dos devanceiros de Forcarei from María Abilleira Pomar on Vimeo.
Para rematar tamén nos interesamos polo mundo da arte. Os alumnos e alumnas de 6ª Educación Primaria puideron descubrir e ver as obras de artistas da zona tan coñecidos coma Muras, Barreiro, Luis Iglesias Diz... entre outros. Todo este traballo editárono  na seguinte revista baixo o nome de Raíces en Forcarei:


Todo o traballo do cal demos conta a través desta páxina recolleuse nunha exposición que se realizou no mes de xullo na Sala de Xuntas do Concello de Forcarei durante os días 23 e 27 de Xullo. A súa inauguración tivo lugar o Venres 20 de Xullo contando coa presenxa da alcaldesa de Forcarei, o equipo directivo, parte do equipo docente do centro e como non, coas familias do noso alumnado. Aquí vos deixamos algunhas imaxes dese día. 


Os periódicos da zona fanse eco da noticia, aquí tendes varios artigos ao respecto, premede encima da imaxe

 (Vía Faro de Vigo) 


O equipo de biblioteca quere dar as grazas a todos os mestres e alumnos que dun outro xeito se viron inmersos neste gran proxecto que desenvolvemos durante o curso 2011-2012
Agardemos que este sexa o inicio de vindeiraos proxectos.