sábado, 31 de enero de 2015

NENOS POLA PAZ

A nosa mascota Biblo, como fixera xa para celebrar a entrada do outono, propúxolles aos rapaces e as súas familias unha nova manualidade para decorar o colexio co gallo do Día da Paz. Como sempre o resultado da proposta superou as nosas espectativas. FANTÁSTICAS MANUALIDADES!!

El pez Arcoiris

Co gallo da celebración do Día da Paz un grupo de colaboradores da nosa biblioteca quixeron aportar o seu grao de area e escolleron o conto El Pez Arcoiris , un fermoso conto que nos ensina a importancia de saber compartir. Adicaron máis de dúas semanas a ensaiar e confeccionar os monicreques que acompañaron a súa intervención, que foi acollida cunha gran espectación por parte dos máis pequenos.

Arcoiris é o peixe máis fermoso do océano, coas súas preciosas escamas de mil cores. Pero a pesar da súa beleza séntese moi só. Por que os demais peixes non queren xogar con el?


 

E, como os nosos colaboradores aconsellaron ós seus compañeiros, "para ser feliz hai que compartir", acercámonos a gardaría para compartir este conto cos máis pequenos do noso concello. Que ben o pasamos! Sobre todo, decorando un "PEZ ARCOIRIS" que debuxamos especialmente para eles. De seguro que voltaremos con outro conto.......







Poemas pola Paz

Os rapaces de 5º e o seu mestre Julio decidiron sorprendernos cuns pequenos poemas para o Ciclo de Lecturas. Buscaron e buscaron pero non atoparon nada que reflexara con precisión o significado que tiña para eles a palabra PAZ. Asi que decidiron poñerse mans á obra e escribir os seus propios poemas.
Poemas pola Paz from María Abilleira Pomar on Vimeo.

jueves, 29 de enero de 2015

La leyenda del Arcoiris

"Cuentan que hace mucho tiempo los colores empezaron a pelearse. Cada uno proclamaba que él era el más importante, el más útil, el favorito......"

Así comenzou o relato que os rapaces de 6º, da man da súa profe Rocío, escolleron para o Ciclo de Lecturas da Paz. Un relato cheo de esperanza que nos axuda a ver a vida de moitas cores e a ver as vantaxes de superar os conflictos de maneira pacífica.



martes, 27 de enero de 2015

Ciclo de lecturas pola Paz 2015

Este luns iniciamos un novo ciclo de lecturas pola Paz na nosa biblioteca.Durante esta semana, previo a celebración o día da Escolar da Paz e da Non-Violencia, os alumnos do centro vannos sorprender con poemas, contos e cancións que teñen como centro temático a PAZ e o AMOR. Os encargados de inaugurar este ciclo foron os rapaces de 1º que, da man da súa profe Rita, escolleron uns poemas de Gloria Fuertes.

INTRES DE PAZ

Biblo,a mascota da nosa biblioteca, está a promocionar a través da rede unha proposta para a celebración do Día da Paz e Non Violencia o vindeiro 30 de xaneiro.
Baixo o nome de INTRES DE PAZ quere recoller todas aquelas fotografías ou imaxes que vos producen sensacións agradables e paz interior. Deberedes subilas a O Formigueiro de Forcarei ou envialas ao centro a través dos vosos cativos.
A Paz non só é ausencia de guerra ou conflitos senón que son todos eses pequenos momentos da nosa vida que nos producen sensacións agradables e dannos paz interior. Unha paisaxe, un almorzo de domingo coa casa en silencio, unha caricia, o son da chuvia no cristal, un paseo, unha sonrrisa, un gracias e un por favor, un bico de boas noites, os raios de sol nunha tarde de verán, unha flor, unha mirada de agradecemento ou de felicidade….. Cada un ten gardado na retina un momento que lle achega paz interior. Cal é o voso? Esperamos a vosa imaxe e unha vez máis grazas pola vosa colaboración.
Aqui vos deixa Biblo a súa....Compartir soños agochados entre as páxinas dun libro.