domingo, 30 de noviembre de 2014

Orejas de mariposa

Nesta ocasión, incorporamos a esta sección do noso blogue un conto escrito por Luisa Aguilar e ilustrado por André Neves (Ed. Kalandraka) que trata sobre a aceptación de si mesmo e sobre as burlas dos demais ante quen é diferente.
Ter as orellas grandes, o pelo rebelde, ser alto ou baixo, fraco ou repoludo... Ata a característica máis nimia pode ser motivo de parodia entre uns nenos e outros. Por iso é necesario un libro que lles demostre a todos, tanto aos que dan como aos que reciben algún comentario despectivo, que ese tipo de comportamentos son reprobables. E especialmente aos que son sinalados polos demais, a mensaxe que lles transmite este relato é que convertan en positivo aquilo que para outros sexa motivo de mofa. Porque as características que nos diferencian dos demais hai que poñelas en valor para que nos distingan como seres especiais e únicos. Porque recoñecer e mesmo reivindicar a diferenza nos fai fortes, aceptándonos como somos e reforzando a nosa personalidade. É o primeiro paso para aprender a rirse dun mesmo... A súa lectura está recomendada a partir de 6 anos.

O seu protagonista é Mara, unha nena distinta aos demais e cunha autoestima a proba de bomba, que sabe afrontar con imaxinación e optimismo as burlas dos outros nenos polas súas características físicas, a súa forma de vestir ou a súa pobreza.Queres coñecela?

lunes, 24 de noviembre de 2014

Exposicións de follas de outono

Xa chegou o outono! As follas comezan a cambiar de cor e o vento  empeza a espallalas. Algunhas chegaron ao noso colexio da mano da nosa mascota Biblo e non vos podedes imaxinar canta imaxinación e creatividade teñen os nosos cativos e as súas familias.
Dentro das actividades nas que queremos implicar as familias como parte importante do proceso educativo, Biblo propúxolles decorar unha folla de outono. Os cativos levaron as follas en branco ás casa e alí, coa axuda dos pais ,irmáns, avos, .. podían empregar calquera cousa que tiveran a man, como tela, botóns, pegatinas, caramelos, pastas, material de refugallo,... Antes debían pagarlas nunha cartulina ou outro material para darlle consistencia e recortala.Botádelle un ollo a este video. Esperamos que disfrutedes tanto coma nós.
Noraboa a todos os cativos e as súas familias!