viernes, 31 de octubre de 2014

Semana do Medo 2014

UNHA SEMANA DE MEDO!

Como xa fixeramos o ano pasado, por mor da festividade de Samaín, repetimos o ciclo de lecturas de medo. Este ano os encargados de amenizar durante toda a semana o tempo adicado á lectura foron a Teacher María coa historia "La asombrosa calabaza de Brunilda"; os rapaces de 4º coa súa profe Anabel que nos contaron unha historia seleccionada por eles mesmos entre unha escolma de relatos que trouxeron á aula ; os rapaces de 3º e a profe Chus que , para esta ocasión, leron unhas historias escritas por eles mesmos que nos puxeron os pelos de puntos ...e rematamos a semana con doble sesión. Os rapaces de 2º e a profe Mº José que escolleron para a ocasión o conto "A min non me comas!" e  a profe Vane cos peques de 3 e 4 anos que nos  recitaron uns poemas de Carmen Gil. E como remate final, antes da festa de Halloween, visionamos o curto "Os difuntos falan castelao".

lunes, 20 de octubre de 2014

Cadernos de Bitácora 2014-2015

Xa sairon as Mochilas Viaxeiras, con novos libros e repetindo algúns que tiveron moita aceptación o ano pasado.
pizap.com14150016950581





















Aqui vos deixamos os primeiros comentarios  e impresións.