jueves, 19 de junio de 2014

Guía de lectura para o verán

Despois de merendar, antes de durmir, cal é o teu momento preferido? Hai tempo para todo: xogar, para estar cos amigos, para ler, para estudar. Organízate ben e non te esquezas de reservarte o momento que máis che guste para ler os teus libros favoritos.

Unha visita moi especial








A pesar de que estes últimos días de clase estamos máis que ocupados entre exames, reunións, ordear as aulas e os preparativos para as festas de fin de curso, ainda tivemos tempo para unha visita moi especial preparada polo profe Julio. Este luns recibimos a visita de tres membros moi especias dunha protectora de animais de Cambados que se encargaron de concienciarnos da importancia de coidar e protexer as nosas mascotas. Trouxeron a tres cans incribles da protectora tan intelixentes que incluso un deles sabía sumar, restar e multiplicar e que ademais, podía contestar a preguntas un tanto comprometidas sobre nós. A verdade é que Anne fixo as delicias de grandes e pequenos.



Cadernos de bitácora

viernes, 6 de junio de 2014

Xogamos coas letras

Para poder ler todos os libros que temos na bibloteca primeiro temos que coñecer moi, moi ben as letras, así que, sobretodo os nenos e nenas de 6º de Infantil e os de 1º de Primaria, podedes practicar un pouquiño coas letras p, t, l e m neste Lim que vos deixamos no blogue.