domingo, 27 de abril de 2014

¡VOY A COMEDTE!

Hoxe presentámosvos este conto en  castelán da Ed. Kókinos  titulado ¡Voy a comedte! que nos recomenda o blogue Soñado contos para desmitificar a ese temido e malvado  persoaxe de contos que é o lobo a través dunha divertidísima historia escrita por Jean-Marc Derouen e ilustrada por Laure du Faÿ.

 

Un lobo malo, famento e que fala dunha forma rara espera no bosque a que apareza un delicioso bocado. Pero ten a mala sorte de encontrarse á volta da esquina cun par de antirrinos moi intelixentes que lle quitarán un pelo que ten na lingua e, sobre todo... as ganas de comer carne!

martes, 22 de abril de 2014

Día Internacional do LIbro 2014

Coma todos os anos, dende a biblioteca celebramos o Día Internacional do Libro. Nesta ocasión, coa axuda dos rapaces e rapazas de 4º e 6º de Primaria e a colaboración do Equipo de Normalización, preparamos este telexornal para explicarlles aos compañeiros e mestres do cole o porqué deste día. Ademais, este ano eleximos a Juan Ramón Jiménez "autor invitado" da biblioteca pois estase a celebrar o centenario da publicación do seu libro "Platero y yo". Esta e algunha sorpresiña máis  podédelas descubrir neste adianto informativo express. Noraboa aos rapaces de 6º polo seu traballo na redacción do guión e na grabación do telexornal. Ademais, como actividade central do día, preparamos unhas árbores, unha por cada ciclo, para que os rapaces deixaran as súas recomendacións lectoras en forma de libros. Quedaron chulísimos!  
E, para rematar, xa que estamos celebrando o centenario da publicación de "Platero y yo", quixemos facer unha lectura conxunta do 1º capítulo desta obra de Juan Ramón Jiménez.Se queredes ler esta libro, o nosos amigo Biblo mercou varios exemplares para que os levedes a casa. 
FELIZ DÍA DO LIBRO