domingo, 23 de febrero de 2014

Día de Rosalía de Castro

Mañá, 24 de Febreiro, celébrase o Día de Rosalía de Castro, autora entre outros do libro de poemas "Cantares Gallegos", cunha serie de actos en todas tódalas provincias galegas. Nós tamén queremos sumarnos á homenaxe da que é considerada unha das máis grandes escritoras en lingua galega de todos os tempos.
Se queredes traballar  na aula, deixámosvos o lim que o Equipo de Normalización realizou o ano pasado para conmemorar esta data.

http://www.chiscos.net/almacen/lim/rosal_ia_de_castro1/rosal_ia_de_castro.html


Ademais, aquí vos deixamos este video onde Andrea e Rocío vos van  contar o que investigaron sobre esta autora.

http://arxineando.wordpress.com/2013/03/15/investigamos-a-rosalia-de-castro/

Para coñecer máis sobre esta autora galega, premede na imaxe:

http://rosaliadecastro.org/rosalia/
Fundación Rosalía de Castro

sábado, 22 de febrero de 2014

Cuentacuentos:Sheila recomenda...

Sheila, de 3º de Primaria, recoméndanos un dos libros da colección da Bruxa Brunilda escrito por Valery Thomas e ilustrado por Korky Paul (Editorial Blume).
A protagonista desta colección é unha simpática e divertida bruxiña  un pouco patosa que sempre consegue solucionar os problemas nos que se mete.

Cal será nesta ocasión?

lunes, 17 de febrero de 2014

Semana da Paz VI: A Pomba Mari Paz

Os alumnos de 5º de Primaria leron o pasado mércores o conto en verso "A Pomba Mari Paz" escrito por Carmen Gil (Ediciones SM) co que os rapaces se divertiron a vez que  aprenderon a compartir e  a resolver conflictos.



Alumnos de 5º coa súa mestra Rosa





Deixámosvos tamén o enlace da revista Poemitas.com na que Carmen Gil, escritora e mestra de La Línea de la Concepción, recolle poesías de todas as temáticas e celebracións que solemos traballar na escola.

                 

Semana da Paz V: Nelson Mandela

O pasado 5 de decembro morreu Nelson Rolihlahla Mandela,  activista, avogado e político sudafricano do século XX  e XXI coñecido fundamentalmente por:

-Loitar pacíficamente contra a segregación racial en Sudáfrica. 

- Instaurar un modelo político democrático en Sudáfrica.

- Ser o presidente da República de Sudáfrica entre 1994 y 1999.

Con Mandela e o seu governo, as escolas e universidades do seu país  abríronse a todas as razas e puidéronse ver nenos e nenas brancos xogar nas praias con outros que eran negros.Algo prohibido ata ese momento!!!

- "Ninguén nace odiando a outra persona pola cor da súa pel,a súa orixe, ou a súa relixión".
Os alumnos de 2º de Primaria realizaron un traballo sobre este  Premio Nobel da Paz e quixeron compartir con todos nós a vida e obra deste increíble home.

 

domingo, 9 de febrero de 2014

Semana da Paz IV: Que é o amor?

Unha das palabras imprescindibles para construir a PAZ é o amor .
O pasado xoves, os rapaces de 4º adicaron o seu intre de lectura a explicarnos que significa para eles este fermoso sentimento. E... para vós?

jueves, 6 de febrero de 2014

Semana da Paz III

Esto estase a por cada día máis interesante!!!!!



Os rapaces de 4 e 5 anos coa axuda das profes Cruz e Puri elaboraron unha receita da Paz que está para chuparse os dedos. Cales credes que son os seus ingredientes? Escoitade.....

miércoles, 5 de febrero de 2014

Semana da Paz II

E seguimos festexando a Semana da Paz e do Amor.
O martes foi o turno dos pequechos do cole. Os alumnos de 1º recitaron  o poema de Gloria Fuertes titulado "Poema al No" e os alumnos de 3 anos o poema "Besos, Besos" de Cecilia Sabattini.
Que ricos que estaban!


Se queredes ver como recitaban os máis cativos, visitade o blogue dos Picariños e poderedes ollar o video realizado pola súa tutora, a profe Vanessa.

martes, 4 de febrero de 2014

Poemas pola Paz

Onte os alumnos de 6º, da man da profe Puri e do profe Julio, inauguraron o ciclo de lecturas sobre a Paz cunha escolma de poemas. Algúns foron de creación propia como o de Nadia titulado "La Paz es algo más que una fiesta"; o de Zaida (" La Paz y el Amor") no que nos recordou a falta de comunicación no mundo ou o que leu Katia titulado "La amistad" escrito entre todos os compañeiros de clase. Outros, como o de Raúl ou Adriana, foron extraídos dalgún libro de poemas. Finalmente, Sergio leu unha adaptación dun texto de San Pablo e Uxía recitou un poema feito pola súa compañeira Adriana titulado "Mi querido amor".En todos resáltase o valor da amistade, da convivencia pacífica e do amor. 

A mensaxe que nos quixeron transmitir é moi clara: "Hai que vivir a Paz no noso interior, todos os días máis alá das celebracións"

Cadernos de Bitácora

domingo, 2 de febrero de 2014

Lecturas pola Paz e o Amor

Durante estes días imos celebrar o segundo ciclo de lecturas temáticas. Nesta ocasión, o amor e a paz van ser o eixo sobre o que vai xirar este novo ciclo. Imonos reunir todos os días as 14:25 no salón de actos ,no cal,os rapaces amenizarán os 15 minutos de lectura diaría cunha escolma de poema e relatos curtos elexidos para a ocasión. Iremos contándovos pouco a pouco como vai indo a actividade.


Celebrando a Paz

O venres 31 de Xaneiro celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz no salón de actos do centro. Pasamos uns momentos moi especiais todos xuntos.
Clicade na imaxe para ver o resumo do que fixemos.


sábado, 1 de febrero de 2014

Abecedario da Paz

Gloria Fuertes ensinounos que só necesitamos tres letras para formar a palabra PAZ.

 

Pero…. Cantas palabras son necesarias para construir a PAZ? 

 

Con este obxetivo,  o Equipo de Biblioteca e o de Normalización decidimos elaborar o noso ABECEDARIO INTERNACIONAL DA PAZ con todas aquelas palabras (en galego, castelán, inglés,....) que criamos necesarias para que a PAZ poida reinar no noso planeta, no noso país, na nosa cidade, no noso cole, nas nosas casas e nos nosos corazóns.

Tanto no salón de actos do centro coma na biblioteca, deixamos unhas siluetas de pombas para que o que quixera puidera escribir a súa palabra. Outros decidiron debuxar a contorna da man en vez da pomba. Os recreos desta semana pasaron voando pois rápidamente todos nos puxemos mans a obra. E incluso os máis cativos, axudados polos maiores, escribiron a súa palabra ou deixáronnos fermosos debuxos.




 

 

E como nos recordaron a profe Patricia e os seus rapaces, non esquezades que...



fin