martes, 28 de enero de 2014

Recomendacións lectoras para o Día da Paz

Durante estes días os rapaces do centro poden gozar dunha escolma de libros como anticipo  da Semana da Paz que está a organizar a Biblioteca e o Equipo de Normalización do 3 ao 6 de Febreiro.Esperamos que este segundo ciclo temático que abordamos neste curso como proposta de ámbolos dous equipos teña o mesmo éxito que o primeiro.



Aquí vos deixamos algunhas destas recomendacións.

http://www.glogster.com/mariaabilleira/wide-glog-by-mariaabilleira/g-6k7bh063pe45l7euvav911l?s=imgglog

Cadernos de Bitácora

sábado, 18 de enero de 2014

Mochilas Viaxeiras 2014



As nosas Mochilas Viaxeiras volven para percorrer os fogares dos nosos cativos un ano máis.

Esta semana as novas mochilas xa estaban preparadas agardando iniciar o seu viaxe. Este ano van cargadiñas de libros de poesía e narrativa en varios idiomas, pelis, libros e DVDs de consulta, CDs de música, revistas,cómics ... e, por suposto, os Cadernos Bitácora onde as familias podedes expresar as vosas opinións, inquedanzas,recomendacións lectoras, valorar a vosa experiencia con esta actividade... e todo aquelo que vos pareza relevante.







Agardamos as vosas aportacións que serán publicadas no noso blogue para que poidades disfrutar cos traballos dos demais. Ánimo e moitas gracias pola vosa colaboración!



martes, 7 de enero de 2014

Cuentacuentos: Santi recomenda....

"¡Ah del barco , grumete! Mi nombre es Catalejo y soy un gato pirata. Embarca conmigo en El Temible y vive todas las aventuras que puedas imaginar.

Encontrarás piratas, el mapa del tesoro del malvado Jack el Horrible y un héroe... ¡yo mismo!

Mira a través de los aparejos, espía al capitán en su camarote y asómate a las ventanas en 3D para ver cómo al final pongo mis zarpas sobre el tesoro."



Santi presentounos este libro da editorial Todolibro escrito por  Nicola Baxter e June Goulding co que poderedes disfrutar dunha incrible aventura pirata.
santi from María Abilleira Pomar on Vimeo.