jueves, 31 de octubre de 2013

Semana do medo V:Corre, corre cabaciña



Seguimos a contar contos de medo e, neste caso, os alumnos de 1º escolleron un dos contos preferidos dos nosos peques "Corre, corre cabaciña"(Editorial OQO) de Eva Mejuto, a partir dun conto popular portugués con ilustracións de André Letria.
Ata apareceron na nosa biblioteca disfrazados de cabazas. Fantástico!!!






 Pero isto non é todo! Para rematar cantáronnos o conto!!! E ninguén puido resistirse a acompañalos.


E por se queredes cantar a canción nas vosas casas, aquí vos deixamos este video que foi o que empregaron os rapaces de 1º para contarnos cantando o conto.

miércoles, 30 de octubre de 2013

Semana do medo IV

                                              Hoxe tivemos sesión doble!!!



Comezaron as rapazas de 4º co conto da Editorial SM titulado
"Monstruos divertidos ".Este libro ten a súa historia pois a Sofía, a súa dona, tocáralle como premio do concurso de cabazas de Halloween do cole xa fai uns anos.
As encargadas de entreternos foron Sofía, por suposto, Diana, Inés e Candela que leron o conto con moita gracia e fixeron as delicias dos máis pequechos.








Despois tivemos a uns contacontos moi especiais.

Os rapaces de 3º de Primaria, con Ana como narradora, representaron o conto "Chivos Chivones"(Editorial Kalandraka)de Olalla González e con ilustracións de Federico Fernádez.

ESTUPENDO RAPACES!! 

sábado, 26 de octubre de 2013

Semana do medo III

"A Figueira de Pelostortos" (Editorial OQO) da escritora Ana Gª Castellano e con ilustracións de Mikel Mardones foi o relato escollido polos rapaces de 5º para a nosa Semana do medo. Un relato que nos tivo a todos en suspenso ata o final. 

Magnífica posta en escena rapaces! 


A figueira dos Pelostortos: Semana do medo from María Abilleira Pomar on Vimeo.

viernes, 25 de octubre de 2013

Semana do medo II

A nosa biblioteca segue enchéndose de criaturas monstruosas.

O xoves, os rapaces de 2º, presentáronnos a unha bruxiña moi especial que ten un grave problema co seu gato Bruno.

O que se lle pode ocorrer a bruxa Brunilda!

Hai que ter moito coidado coa maxia!





miércoles, 23 de octubre de 2013

Semana de medo

Comezamos coas actividades relacionadas co Samaín. Este ano retomamos a "Semana do Medo" que xa realizaramos fai uns anos e que tanto nos gustara. 
 
A nosa mascota Biblo, encheu o colexio de carteis anunciando a actividade e organizou unha exposición na porta da biblioteca para darnos algunha idea de contos que podiamos ler. Mestres e rapaces comezaron rapidamente a bulir, escollendo contos, traendo outros da casa, preparando decorados e ensaiando. Cal foi a nosa sorpresa cando, hoxe, ao chegar a Biblioteca atopamos un escenario arrepiante. Que susto! Case non entramos!

 Os máis valientes os pequechos! Pero xogaban con ventaxa pois teñen que pasar por diante da biblio todos os días para ir as súas aulas e espiaban un pouquiño a Biblo.Os primeiros contacontos foron os rapaces e rapazas de 6º que nos leron unha adaptación do relato "La muñeca de trapo" de Becquer.


Que nos esperará mañá!

lunes, 21 de octubre de 2013

Guía arrepiante para unha noite de Samaín

Chegou o Outono, e con el, o tempo da vendimia, das castañas, das longas noites de choiva, vento e frío. Pero tamén é o tempo do SAMAÍN, un tempo de tradicións e sobre todo, de medo, de moito medo. Pantasmas, bruxas e curuxas,morcegos e homes lobo,cabazas e todo tipo de criaturas máxicas poderás atopar nestes libros que escollemos para a noite do 31 de outubro.

 

viernes, 18 de octubre de 2013

LER CIENCIA NA BIBLIOTECA DO COLE

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no contexto das actuacións do PLAN LÍA de bibliotecas escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), publica cada ano uns carteis divulgativos que pretenden facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación das persoas lectoras. 
O lema elixido para este curso 2013/2014, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A ilustración é de PATRICIA CASTELAO