lunes, 25 de febrero de 2013

SEMANA DE ROSALÍA


Calquera aniversario que se precie leva consigo unha boa festa, pois iso foi o que quixemos facer dende o CEIP Nosa Señora das Dores. 
Con Rosalía queremos compartir esta semana e agasallarnos, tanto no sentido físico, como no sentido auditivo cos seus fermosos poemas. 
Os axudantes da biblioteca, os alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria, serán os encargados de honrar a memoria desta poetisa recitando durante os recreos desta semana varios poemas de Cantares Gallegos e Follas Novas.

domingo, 24 de febrero de 2013

SEGUIMOS CON ROSALÍA

Os centros da rede PLAMBE non paramos, por iso queremos  destacar nestra entrada os fermosos traballos arredor da figura desta gran poetisa: Rosalía de Castro
  
Video co poema Parece unha rosa.  
C.R.A. Amencer de Ribadavia 



(Vía http://biblioaxoaninarosalia.blogspot.com.es/)



 Prensentación da vida de Rosalía
CEIP Saco e Arce de Toén
 
(Vía http://bloguesquio.blogspot.com.es)
 
 
 
ACTIVIDADE LIM
 Vagalume
 
(Vía http://vagalumecouto.blogspot.com.es) 


HAS DE CANTAR
CEIP Doutor Suárez
 
(Vía http://chimpalibros.blogspot.com.es )

sábado, 23 de febrero de 2013

DÍA DE ROSALÍA: 24 DE FEBREIRO 2013

 ( Vía Biblio Xoán Farias. Grazas Rosana)

Mañá, 24 de Febreiro recordamos o nacemento duha das grandes poetisas galegas: Rosalía de Castro. Tocoulle vivir nun momento ben complicado, onde escribir en galego non era doado, xa que quedara reducido a un mero dialecto despreciado pola meirande maioría. 

A súa obra estivo marcada polas diferentes circunstancias sociais que lle tocou vivir: a súa orixe, problemas económicos, a perda dos seus fillos... Pero isto non lle impediu que en 1863 publicara o seu primeiro grande libro: Cantares Gallegos (primeiro libro escrito en galego nunha época onde o galego non se usaba na escrita). Se botades conta, este libro cumpre 150 anos, case nada!.

Rosalía de Castro foi unha das grandes, tanto é así que moitos dos seus poemas traducíronse a idiomas como o ruso, xaponés, chino.... entre outros. Tamén foron musicados polo cantautor Amancio Prada, o grupo Fuxan os Ventos, a cantante Luz Casal ... entre outros. Grazas a todos eles hoxe podemos gozar da súa escoita a través da rede. Aquí vos deixamos algúns deles. 

 
(Adiós Ríos, Adiós Fontes, Cantares Gallegos)


 (Un repoludo Gaiteiro, Cantares Gallegos)

(Iste vaise, aquel vaise, Follas Novas)

(Negra Sombra, Follas Novas)


Dende a biblioteca quixemos recoller varias publicacións axeitadas para o noso alumnado arredor desta poetisa. Algúns títulos recollen os seus poemas e outros aspectos biográficos. 


jueves, 21 de febrero de 2013

A PRENSA LOCAL FAISE ECO DA NOVA DE ONTE

 (Vía http://www.lavozdegalicia.es)


A prensa local, neste caso La Voz de Galicia faise eco da entrega dos E- Lectores aos centros da zona, Silleda, Agolada, A Estrada e Forcarei.

Unha vez mais seguimos mirando cara diante en pro dunha maior información e formación para o noso alumnado. 

miércoles, 20 de febrero de 2013

EL-BE: E- LECTORES NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES



Hoxe foi unha xornada diferente, desas que fan que a nosa biblioteca medre en todos os sentidos. Neste caso o noso director do centro, Celso e a responsable da biblioteca, Vanessa achegáronse ata Santiago de Compostela, concretamente á biblioteca da Cidade da Cultura para recoller tres dos 25 lectores otorgados no proxecto piloto "E- lectores nas bibliotecas escolares"

Tras máis de 300 solicitudes escolléronse con criterios obxectivos e primando a ubicación no rural 25 centros, entre os cales se atopa o noso colexio.

Estes soportes incorporaranse ao equipamento da biblioteca escolar, tentando, tal e como explicou o Conselleiro, que o proceso de transformación da biblioteca escolar impulsa que se muden algunhas prácticas educativas e se introduzan as metodoloxías innovadoras nos centros de ensino. 

Agardamos que pronto poidamos poñelos en funcionamento, pero non sen antes reflexionar sobre o seu uso.

martes, 19 de febrero de 2013

PROCURA NA REDE

 (Preme encima da imaxe)


A rede PLAMBE sempre está a compartir, nesta ocasión son Charo Sánchez responsable da biblioteca do IES Sánchez Cantón e Olga Rodríguez responsable da biblioteca do CEIP Milladoiro quenes nos agasallan con este fantástico documento de gran utilidade na procura de información a través da rede. 

viernes, 15 de febrero de 2013

TENDAL NAMORADEIRO

Tras o Entroido voltamos ás aulas, con moitas gañas e cunha nova proposta: O TENDAL NAMORADEIRO.

Cada alumno e alumna trouxo a súa carta, tento en conta o nivel de cada curso. Entre todos creamos un gran tendal, que traspasou as portas da biblioteca, tendo que crear un tendal no exterior da mesma. Unha vez máis a biblioteca traspasa as súas portas.



jueves, 14 de febrero de 2013

SAN VALENTÍN, 14 DE FEBREIRO

Febreiro é coñecido como o mes do amor, xa que dentro deste se celebra o a Candeloria (antigamente dicíase que era a época de casamento dos paxaros) e  o Día dos Namorados.

Pois ben, non quixemos quedarnos fóra destas conmemoracións e recollemos algúns dos títulos maís suxerentes sobre esta temática. Agardamos que sexan do voso agrado.

viernes, 8 de febrero de 2013

ÁS PORTAS DO SAN VALENTÍN

 

O próximo 14 de Febreiro celebraremos o Día de San Valentín, polo que nos gustaría que vos convertésedes en costureiras ou xastres e escribirades unha fermosa carta de amor para un namorado ou namorada.

 O formato escollido para esta ocasión, é un tanto particular, xa que debedes incrustar as súas verbas dentro das distintas pezas de roupa que vos facilitará o titor. De todos xeitos, e ante posibles erros, podedes descargalas aquí.

viernes, 1 de febrero de 2013

CESTEIROS POLA PAZ



No mes de xaneiro, co gallo da celebración  do Día da Paz, decidimos ofertar unha nova actividade inscrita  dentro do noso PDI. Quixemos crear redes de convivencia interxeracional entre os nosos alumnos e os seus avós e avoas, pero sobre todo entre eles e un oficio tradicional galego propio da zona: os cesteiros.




Os participantes 2º e 3º ciclo de Educación Primaria tiveron que ollar un pequeno documental, de dez minutos de duración, empréstito do Museo do Pobo Galego. 

Unha vez visionado por equipos interciclos tiveron que respostar a varias cuestións, creando un pequeno caderniño de pesquisas.