miércoles, 30 de enero de 2013

RECOMENDACIÓNS LECTORAS SOBRE A PAZ

Seguen a chegar máis recomendacións lectoras para incidir e reflexionar sobre valores, tan importante nos tempos que corren. Neste caso, a editorial OQO enviou este cartaz alusivo a esta data. 


Algunha dos contos que aparecen foron creados coa técnica de Stop Motion dentro da campaña Nós tamén creamos, promovida por esta editorial. 

Deixamos aquí algunhas destas fermosas historias, para que as olledes e sobre todo reflexionades sobre o que nelas acontece. 





lunes, 28 de enero de 2013

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA

Os centros educativos estamos inmersos na preparación do Día Escolar da Paz e Non Violencia. Dende a biblioteca non queremos esquecer este día, e por iso realizamos este mural (Glogster) no cal recollemos algunha  recomendación para que o alumnado poida ollar na biblioteca, ou ben levar como préstamo para compartir coa familia. 

sábado, 26 de enero de 2013

UNHA ESCRITORA DE LIX NA ACADEMIA




RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria

Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).

Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!


(Vía http://redelectura.blogspot.com.es)

viernes, 25 de enero de 2013

METACIOS


Moitos de vós pensaredes, pero que significa iso? A que se están a referir con esa palabra?. Pois ben, ata esta mañá creo que case ninguén do cole coñecía este novo vocablo.

"A palabra Metacios designaba aos habitantes de Terrra de Montes na época en que Galicia estaba dominada polos Suevos. Polo que, podemos considerar que os nosos devanceiros históricos máis antigos ou polo menos coñecidos serían os metacios ( de meta =monte)"

Francisco Rozados "Rochi"

Con estas palabras e de forma moi pausada, Francisco Rozados "Rochi" presentounos unha nova canle de divulgación da cultura de Terra de Montes: unha revista de publicación anual chamada METACIOS coa cal se pretende poñer en valor o patrimonio da nosa zona. 

O noso alumnado, grazas ao equipo de dinamización da lingua galega, tivo a gran honra de poder contar coa sua presenza e coas súas palabras, e pola contra, o coordinador da revista agasallounos cun número  de Metacios, asinando o exemplar aos cativos que o desexasen, que podemos dicir foron case todos

Na biblioteca tamén  nos deixou e dedicou un exemplar para ollar e aprender.


domingo, 13 de enero de 2013

LABORANDO EN GALEGO: PUNTO INFORMATIVO

Laborando en galego xa está en marcha, por iso, quixemos crear un Punto Informativo con diferentes materiais: libros informativos, folletos descriptivos, guias didácticas, vídeos, revistas, sobre todo as da zona: Os Cotaredos....... 

Así que, mestres e mestras, rapaces e rapazas e como non familias, non dubidedes en achegarvos á biblioteca para pescudar algún dato ou información sobre o Proxecto Documental Integrado deste curso escolar.