sábado, 28 de diciembre de 2013

Cuentacuentos:Sofía recomienda...

Llegó el turno de Sofía y su recomendación para los más pequeños: "La bruja colorea" de Esther Madroñero (Ed. Everest)




                                                              Soy la Bruja Colorea .
De noche, junto al fogón,
si la luz está apagada
 reina el negro en mi salón.

A la Bruja Colorea le encantan los colores: rojo, azul, amarillo...Pero tiene un problema: su gato es negro y a ella no le gusta ese color.Así que, ni corta ni perezosa,se pone a mezclar colores con los que obtiene otras maravillosas tonalidades.

Y ahora la gran decisión:
¿de qué color pinto al gato?
¿Verde?, ¿azul?,¡qué sé yo!



¿Quieres saber la decisión de la bruja Colorea?

Sólo os queda esperar unas semanas y lo podréis descubrir en nuestra biblioteca.

¿Qué sorpresa nos tendrá preparada Biblo?

Cuentacuentos: Brais recomienda...

Os rapaces de 4º deixaron pendentes unha serie de recomendacións que non vos puidemos amosar por mor de todas as actividades que tivemos que preparar para festexar o Nadal no noso centro. Pero agora que temos un pouco máis de tempo, imolas ir presentando para que disfrutedes destas lecturas.

Escomezamos con Brais e a súa recomendación: "Un verano de miedo" da serie de Scooby-Doo Misterios a 4 patas.

Se vos gusta resolver misterios este libro é o axeitado!
                     

miércoles, 25 de diciembre de 2013

Conto de Nadal

Deixamos hoxe unha lectura do famoso "Conto de Nadal" do escritor británico Charles Dickens en castelán, feito pola cadea Ser para recupera o audioteatro que foi moi famoso alá polos anos 50-60 do século pasado. Parece que foi onte! Pero os pequechos non están moi afeitos a este tipo de "tecnoloxía". ;)

Aproveitamos para desexaros unha bo Nadal outra vez. Disfrutade del.



jueves, 19 de diciembre de 2013

Visita sorpresa

                                                              

http://arxineando.wordpress.com/2013/12/18/visita-sorpresa/

                                                         Clicade na foto


lunes, 16 de diciembre de 2013

Pon un libro no teu Nadal

Está quentiña!!! 
O Equipo de Biblioteca e o Equipo de Normalización acaban de elaborar esta guía de lecturas para o Nadal coas recomendacións de todos os mestres do centro. Esperamos que vos gusten! Xa nos contaredes.




sábado, 30 de noviembre de 2013

Novo espazo: Cuentacuentos

O ano pasado, os compañeiros do Equipo de Normalización do noso cole crearon un espazo novo chamado KONTACONTOS onde os rapaces do centro podían deixar as súas recomendacións lectoras. Pero atoparon cun problema: moitas recomendacións en lingua castelá quedaron no tinteiro. Por iso, este curso, dende a nosa biblioteca imos crear outron espazo para que deixedes todos eses libros que queirades recomendar aos vosos compañeiros.
Candela, de , deixounos a primeira recomendación especial para os máis pequechos!!!!



"Las diez gallinas" de Silvia Dupuis chama a atención polas súas rimas, polo texto repetitivo e polas magníficas ilustracións da propia autora. É incrible onde poden por os ovos estas galiñas.

jueves, 28 de noviembre de 2013

Premio Nacional para o Proxecto Colaborativo Virtual Gloria Fuertes

Estamos de noraboa! A noticia está quentiña!!!!!!
O proxecto colaborativo Libro Virtual Gloria Fuertes, foi galardonado co Premio Nacional de Educación aos equipos docentes, na modalidad de proxectos de colaboración nacional  no ámbito das TIC. Este proxecto  foi presentado por un equipo de docentes constituido por profesores de cincuenta e cuatro centros entre os que nos atopamos.
Dende aquí felicitar a coordinadora do proxecto, Lourdes Giraldo, a todos os equipos docentes e sobre todo aos meus compañeiros e aos nosos rapaces pola seu traballo, o seu esforzo e a súa ilusión. Está claro que un bo traballo sempre ten a súa recompensa!
libro


Se queredes saber algo máis sobre este proxecto, clicade na imaxe.
2013-11-28_2248

lunes, 18 de noviembre de 2013

El fantasma Cucufate

Ainda que por problemillas técnicos tardamos un pouquiño máis en publicar este video, que saibades que na aula de PT tamén prepararon un poema de Carmen Gil para a semana do Samaín, pero creo que en vez de dar medo... deu un pouquiño de risa!!


cucufate2 from Patricia López Rodríguez on Vimeo.

viernes, 1 de noviembre de 2013

Semana do medo VI: Os tres bandidos

Que pena! A Semana do Medo rematou pero... aínda nos queda o derradeiro conto por este Samaín. "A vampiresa Vanessa" presentounos un clásico contemporáneo da literatura infantil mundial titulado "Os tres bandidos"( Editorial Kalandraka) de Tomi Ungerer.

Había unha vez tres feroces bandidos de capa negra e chapeus negros....



jueves, 31 de octubre de 2013

Semana do medo V:Corre, corre cabaciña



Seguimos a contar contos de medo e, neste caso, os alumnos de 1º escolleron un dos contos preferidos dos nosos peques "Corre, corre cabaciña"(Editorial OQO) de Eva Mejuto, a partir dun conto popular portugués con ilustracións de André Letria.
Ata apareceron na nosa biblioteca disfrazados de cabazas. Fantástico!!!






 Pero isto non é todo! Para rematar cantáronnos o conto!!! E ninguén puido resistirse a acompañalos.


E por se queredes cantar a canción nas vosas casas, aquí vos deixamos este video que foi o que empregaron os rapaces de 1º para contarnos cantando o conto.

miércoles, 30 de octubre de 2013

Semana do medo IV

                                              Hoxe tivemos sesión doble!!!



Comezaron as rapazas de 4º co conto da Editorial SM titulado
"Monstruos divertidos ".Este libro ten a súa historia pois a Sofía, a súa dona, tocáralle como premio do concurso de cabazas de Halloween do cole xa fai uns anos.
As encargadas de entreternos foron Sofía, por suposto, Diana, Inés e Candela que leron o conto con moita gracia e fixeron as delicias dos máis pequechos.








Despois tivemos a uns contacontos moi especiais.

Os rapaces de 3º de Primaria, con Ana como narradora, representaron o conto "Chivos Chivones"(Editorial Kalandraka)de Olalla González e con ilustracións de Federico Fernádez.

ESTUPENDO RAPACES!! 

sábado, 26 de octubre de 2013

Semana do medo III

"A Figueira de Pelostortos" (Editorial OQO) da escritora Ana Gª Castellano e con ilustracións de Mikel Mardones foi o relato escollido polos rapaces de 5º para a nosa Semana do medo. Un relato que nos tivo a todos en suspenso ata o final. 

Magnífica posta en escena rapaces! 


A figueira dos Pelostortos: Semana do medo from María Abilleira Pomar on Vimeo.

viernes, 25 de octubre de 2013

Semana do medo II

A nosa biblioteca segue enchéndose de criaturas monstruosas.

O xoves, os rapaces de 2º, presentáronnos a unha bruxiña moi especial que ten un grave problema co seu gato Bruno.

O que se lle pode ocorrer a bruxa Brunilda!

Hai que ter moito coidado coa maxia!





miércoles, 23 de octubre de 2013

Semana de medo

Comezamos coas actividades relacionadas co Samaín. Este ano retomamos a "Semana do Medo" que xa realizaramos fai uns anos e que tanto nos gustara. 
 
A nosa mascota Biblo, encheu o colexio de carteis anunciando a actividade e organizou unha exposición na porta da biblioteca para darnos algunha idea de contos que podiamos ler. Mestres e rapaces comezaron rapidamente a bulir, escollendo contos, traendo outros da casa, preparando decorados e ensaiando. Cal foi a nosa sorpresa cando, hoxe, ao chegar a Biblioteca atopamos un escenario arrepiante. Que susto! Case non entramos!

 Os máis valientes os pequechos! Pero xogaban con ventaxa pois teñen que pasar por diante da biblio todos os días para ir as súas aulas e espiaban un pouquiño a Biblo.Os primeiros contacontos foron os rapaces e rapazas de 6º que nos leron unha adaptación do relato "La muñeca de trapo" de Becquer.


Que nos esperará mañá!

lunes, 21 de octubre de 2013

Guía arrepiante para unha noite de Samaín

Chegou o Outono, e con el, o tempo da vendimia, das castañas, das longas noites de choiva, vento e frío. Pero tamén é o tempo do SAMAÍN, un tempo de tradicións e sobre todo, de medo, de moito medo. Pantasmas, bruxas e curuxas,morcegos e homes lobo,cabazas e todo tipo de criaturas máxicas poderás atopar nestes libros que escollemos para a noite do 31 de outubro.

 

viernes, 18 de octubre de 2013

LER CIENCIA NA BIBLIOTECA DO COLE

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no contexto das actuacións do PLAN LÍA de bibliotecas escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe), publica cada ano uns carteis divulgativos que pretenden facer visible as distintas posibilidades da biblioteca escolar como apoio ao desenvolvemento do currículo e como instrumento fundamental para a formación das persoas lectoras. 
O lema elixido para este curso 2013/2014, LER CIENCIA NA BIBLIOTECA ESCOLAR, trata de sensibilizar sobre a importancia da lectura de textos de carácter científico, de textos divulgativos ou de textos literarios que tratan temas relacionados coa ciencia. Todos estes contidos teñen cabida na biblioteca e enriquecen a bagaxe lectora do alumnado. A ilustración é de PATRICIA CASTELAO

viernes, 8 de marzo de 2013

UN DÍA CON ROSALÍA





Unha das poetas que mellor coñeceu Galicia e o labor de labrego foi Rosalía de Castro. Por iso, dende este PDI deste curso escolar non a quixemos esquecer. Recordámola a través da obra con máis referencias á Galicia, aos costumes, aos oficios, aos labores...: Cantares Gallegos. Unha obra que neste ano 2013 está de aniversario: 150 anos da súa publicación. Tamén arredor da figura da poeta elaboramos un cuestionario biográfico para conmemorar o Día Internacional da Muller Traballadora. 













viernes, 1 de marzo de 2013

SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA, EDICIÓN 2013. A TODA MÁQUINA

Mañá sábado 2 de marzo dará comezo o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, o cal todos os anos nos sorprende con presentacións, conferencias, talleres... pero sobre todo con fermosos traballos de rapaces e rapazas con moitas gañas de contar. 


Este ano o lema é  A TODA MÁQUINA, a través do cal nos permitirá soñar, experimentar, construir, investigar..... e sobre todo proxectar e facer realidade as nosos soños, ideas, pensamentos.....

Non dubidedes en visitalo, e lembrade que remata o 23 de marzo. 

lunes, 25 de febrero de 2013

SEMANA DE ROSALÍA


Calquera aniversario que se precie leva consigo unha boa festa, pois iso foi o que quixemos facer dende o CEIP Nosa Señora das Dores. 
Con Rosalía queremos compartir esta semana e agasallarnos, tanto no sentido físico, como no sentido auditivo cos seus fermosos poemas. 
Os axudantes da biblioteca, os alumnos e alumnas de sexto de Educación Primaria, serán os encargados de honrar a memoria desta poetisa recitando durante os recreos desta semana varios poemas de Cantares Gallegos e Follas Novas.

domingo, 24 de febrero de 2013

SEGUIMOS CON ROSALÍA

Os centros da rede PLAMBE non paramos, por iso queremos  destacar nestra entrada os fermosos traballos arredor da figura desta gran poetisa: Rosalía de Castro
  
Video co poema Parece unha rosa.  
C.R.A. Amencer de Ribadavia 



(Vía http://biblioaxoaninarosalia.blogspot.com.es/)



 Prensentación da vida de Rosalía
CEIP Saco e Arce de Toén
 
(Vía http://bloguesquio.blogspot.com.es)
 
 
 
ACTIVIDADE LIM
 Vagalume
 
(Vía http://vagalumecouto.blogspot.com.es) 


HAS DE CANTAR
CEIP Doutor Suárez
 
(Vía http://chimpalibros.blogspot.com.es )

sábado, 23 de febrero de 2013

DÍA DE ROSALÍA: 24 DE FEBREIRO 2013

 ( Vía Biblio Xoán Farias. Grazas Rosana)

Mañá, 24 de Febreiro recordamos o nacemento duha das grandes poetisas galegas: Rosalía de Castro. Tocoulle vivir nun momento ben complicado, onde escribir en galego non era doado, xa que quedara reducido a un mero dialecto despreciado pola meirande maioría. 

A súa obra estivo marcada polas diferentes circunstancias sociais que lle tocou vivir: a súa orixe, problemas económicos, a perda dos seus fillos... Pero isto non lle impediu que en 1863 publicara o seu primeiro grande libro: Cantares Gallegos (primeiro libro escrito en galego nunha época onde o galego non se usaba na escrita). Se botades conta, este libro cumpre 150 anos, case nada!.

Rosalía de Castro foi unha das grandes, tanto é así que moitos dos seus poemas traducíronse a idiomas como o ruso, xaponés, chino.... entre outros. Tamén foron musicados polo cantautor Amancio Prada, o grupo Fuxan os Ventos, a cantante Luz Casal ... entre outros. Grazas a todos eles hoxe podemos gozar da súa escoita a través da rede. Aquí vos deixamos algúns deles. 

 
(Adiós Ríos, Adiós Fontes, Cantares Gallegos)


 (Un repoludo Gaiteiro, Cantares Gallegos)

(Iste vaise, aquel vaise, Follas Novas)

(Negra Sombra, Follas Novas)


Dende a biblioteca quixemos recoller varias publicacións axeitadas para o noso alumnado arredor desta poetisa. Algúns títulos recollen os seus poemas e outros aspectos biográficos. 


jueves, 21 de febrero de 2013

A PRENSA LOCAL FAISE ECO DA NOVA DE ONTE

 (Vía http://www.lavozdegalicia.es)


A prensa local, neste caso La Voz de Galicia faise eco da entrega dos E- Lectores aos centros da zona, Silleda, Agolada, A Estrada e Forcarei.

Unha vez mais seguimos mirando cara diante en pro dunha maior información e formación para o noso alumnado. 

miércoles, 20 de febrero de 2013

EL-BE: E- LECTORES NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES



Hoxe foi unha xornada diferente, desas que fan que a nosa biblioteca medre en todos os sentidos. Neste caso o noso director do centro, Celso e a responsable da biblioteca, Vanessa achegáronse ata Santiago de Compostela, concretamente á biblioteca da Cidade da Cultura para recoller tres dos 25 lectores otorgados no proxecto piloto "E- lectores nas bibliotecas escolares"

Tras máis de 300 solicitudes escolléronse con criterios obxectivos e primando a ubicación no rural 25 centros, entre os cales se atopa o noso colexio.

Estes soportes incorporaranse ao equipamento da biblioteca escolar, tentando, tal e como explicou o Conselleiro, que o proceso de transformación da biblioteca escolar impulsa que se muden algunhas prácticas educativas e se introduzan as metodoloxías innovadoras nos centros de ensino. 

Agardamos que pronto poidamos poñelos en funcionamento, pero non sen antes reflexionar sobre o seu uso.

martes, 19 de febrero de 2013

PROCURA NA REDE

 (Preme encima da imaxe)


A rede PLAMBE sempre está a compartir, nesta ocasión son Charo Sánchez responsable da biblioteca do IES Sánchez Cantón e Olga Rodríguez responsable da biblioteca do CEIP Milladoiro quenes nos agasallan con este fantástico documento de gran utilidade na procura de información a través da rede. 

viernes, 15 de febrero de 2013

TENDAL NAMORADEIRO

Tras o Entroido voltamos ás aulas, con moitas gañas e cunha nova proposta: O TENDAL NAMORADEIRO.

Cada alumno e alumna trouxo a súa carta, tento en conta o nivel de cada curso. Entre todos creamos un gran tendal, que traspasou as portas da biblioteca, tendo que crear un tendal no exterior da mesma. Unha vez máis a biblioteca traspasa as súas portas.



jueves, 14 de febrero de 2013

SAN VALENTÍN, 14 DE FEBREIRO

Febreiro é coñecido como o mes do amor, xa que dentro deste se celebra o a Candeloria (antigamente dicíase que era a época de casamento dos paxaros) e  o Día dos Namorados.

Pois ben, non quixemos quedarnos fóra destas conmemoracións e recollemos algúns dos títulos maís suxerentes sobre esta temática. Agardamos que sexan do voso agrado.

viernes, 8 de febrero de 2013

ÁS PORTAS DO SAN VALENTÍN

 

O próximo 14 de Febreiro celebraremos o Día de San Valentín, polo que nos gustaría que vos convertésedes en costureiras ou xastres e escribirades unha fermosa carta de amor para un namorado ou namorada.

 O formato escollido para esta ocasión, é un tanto particular, xa que debedes incrustar as súas verbas dentro das distintas pezas de roupa que vos facilitará o titor. De todos xeitos, e ante posibles erros, podedes descargalas aquí.

viernes, 1 de febrero de 2013

CESTEIROS POLA PAZ



No mes de xaneiro, co gallo da celebración  do Día da Paz, decidimos ofertar unha nova actividade inscrita  dentro do noso PDI. Quixemos crear redes de convivencia interxeracional entre os nosos alumnos e os seus avós e avoas, pero sobre todo entre eles e un oficio tradicional galego propio da zona: os cesteiros.




Os participantes 2º e 3º ciclo de Educación Primaria tiveron que ollar un pequeno documental, de dez minutos de duración, empréstito do Museo do Pobo Galego. 

Unha vez visionado por equipos interciclos tiveron que respostar a varias cuestións, creando un pequeno caderniño de pesquisas. 




miércoles, 30 de enero de 2013

RECOMENDACIÓNS LECTORAS SOBRE A PAZ

Seguen a chegar máis recomendacións lectoras para incidir e reflexionar sobre valores, tan importante nos tempos que corren. Neste caso, a editorial OQO enviou este cartaz alusivo a esta data. 


Algunha dos contos que aparecen foron creados coa técnica de Stop Motion dentro da campaña Nós tamén creamos, promovida por esta editorial. 

Deixamos aquí algunhas destas fermosas historias, para que as olledes e sobre todo reflexionades sobre o que nelas acontece. 





lunes, 28 de enero de 2013

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA

Os centros educativos estamos inmersos na preparación do Día Escolar da Paz e Non Violencia. Dende a biblioteca non queremos esquecer este día, e por iso realizamos este mural (Glogster) no cal recollemos algunha  recomendación para que o alumnado poida ollar na biblioteca, ou ben levar como préstamo para compartir coa familia. 

sábado, 26 de enero de 2013

UNHA ESCRITORA DE LIX NA ACADEMIA




RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria

Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas).

Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!


(Vía http://redelectura.blogspot.com.es)

viernes, 25 de enero de 2013

METACIOS


Moitos de vós pensaredes, pero que significa iso? A que se están a referir con esa palabra?. Pois ben, ata esta mañá creo que case ninguén do cole coñecía este novo vocablo.

"A palabra Metacios designaba aos habitantes de Terrra de Montes na época en que Galicia estaba dominada polos Suevos. Polo que, podemos considerar que os nosos devanceiros históricos máis antigos ou polo menos coñecidos serían os metacios ( de meta =monte)"

Francisco Rozados "Rochi"

Con estas palabras e de forma moi pausada, Francisco Rozados "Rochi" presentounos unha nova canle de divulgación da cultura de Terra de Montes: unha revista de publicación anual chamada METACIOS coa cal se pretende poñer en valor o patrimonio da nosa zona. 

O noso alumnado, grazas ao equipo de dinamización da lingua galega, tivo a gran honra de poder contar coa sua presenza e coas súas palabras, e pola contra, o coordinador da revista agasallounos cun número  de Metacios, asinando o exemplar aos cativos que o desexasen, que podemos dicir foron case todos

Na biblioteca tamén  nos deixou e dedicou un exemplar para ollar e aprender.


domingo, 13 de enero de 2013

LABORANDO EN GALEGO: PUNTO INFORMATIVO

Laborando en galego xa está en marcha, por iso, quixemos crear un Punto Informativo con diferentes materiais: libros informativos, folletos descriptivos, guias didácticas, vídeos, revistas, sobre todo as da zona: Os Cotaredos....... 

Así que, mestres e mestras, rapaces e rapazas e como non familias, non dubidedes en achegarvos á biblioteca para pescudar algún dato ou información sobre o Proxecto Documental Integrado deste curso escolar.