jueves, 20 de diciembre de 2012

POLO NADAL UN LIBRO NA TÚA MAN

(Vía http://www.morguefile.com)

Xa chega o Nadal, e con el as vacacións, un tempo para descansar, xogar,... pero tamén para ler. Por iso, dende a biblioteca quixemos ofrecerlle ao noso alumnado unhas recomendacións lectoras acorde co seu nivel lector. 

Nesta ocasión a biblioteca do CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei traballou de forma conxunta con tres colexios de A Estrada: CEIP Figueiroa, CEIP do Foxo, CEIP de Oca. Unha boa experiencia que esperemos continuar en vindeiras ocasións. 

jueves, 13 de diciembre de 2012

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR



Con algo de retraso, tal e como comentamos, queremos dar conta do acontencido durante estes meses. 



Unha das primeiras celebracións foi o 24 de outubro o Día da Biblioteca Escolar.  Neste caso, e adaptando unha das actividades que realizan no CEIP A Lama, decidimos preguntarlle ao noso alumnado Que é unha biblioteca para ti?


Neste caso fixemos dúas modalidades, os cativos de infantil e primeiro ciclo de primaria, tiveron que debuxar aquilo que era para eles a biblioteca escolar, mentre que os alumnos e alumnas do segundo e terceiro ciclo tiveron que describir o significado que para eles tiña unha biblioteca escolar, neste caso, a nosa biblioteca escolar.  

Grandes sorpresas, pero sobre todo grandes traballos con moitas ideas sobre a biblioteca escolar, empezando a engadir dentro das descripcións novos usos da mesma. Estase a notar cada vez máis a labor realizada durante estes dous últimos cursos no tocante a formación de usuarios e formación documental. 

Un exemplo dos traballo realizados polo alumnado.








jueves, 6 de diciembre de 2012

AQUÍ ESTAMOS DE NOVO

Xa pasaron uns meses, e tamén un trimestre dende o comezo do curso, e o blog da biblioteca non dera sinais de vida.

Pois ben, tentaremos a partires de agora, comentarvos todas as actividades tanto que fixemos durante este tempo coma as vindeiras iniciativas que temos proposto dende o noso humilde equipo de biblioteca.

Agardamos poder publicar entradas que recollan as últimas novidades, tanto no campo da nosa biblioteca escolar coma no eido dos contos e das lecturas, e como non o desenvolvemento do noso Proxecto Documental Integrado coa temática dos oficios.