jueves, 20 de diciembre de 2012

POLO NADAL UN LIBRO NA TÚA MAN

(Vía http://www.morguefile.com)

Xa chega o Nadal, e con el as vacacións, un tempo para descansar, xogar,... pero tamén para ler. Por iso, dende a biblioteca quixemos ofrecerlle ao noso alumnado unhas recomendacións lectoras acorde co seu nivel lector. 

Nesta ocasión a biblioteca do CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei traballou de forma conxunta con tres colexios de A Estrada: CEIP Figueiroa, CEIP do Foxo, CEIP de Oca. Unha boa experiencia que esperemos continuar en vindeiras ocasións. 

jueves, 13 de diciembre de 2012

DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR



Con algo de retraso, tal e como comentamos, queremos dar conta do acontencido durante estes meses. 



Unha das primeiras celebracións foi o 24 de outubro o Día da Biblioteca Escolar.  Neste caso, e adaptando unha das actividades que realizan no CEIP A Lama, decidimos preguntarlle ao noso alumnado Que é unha biblioteca para ti?


Neste caso fixemos dúas modalidades, os cativos de infantil e primeiro ciclo de primaria, tiveron que debuxar aquilo que era para eles a biblioteca escolar, mentre que os alumnos e alumnas do segundo e terceiro ciclo tiveron que describir o significado que para eles tiña unha biblioteca escolar, neste caso, a nosa biblioteca escolar.  

Grandes sorpresas, pero sobre todo grandes traballos con moitas ideas sobre a biblioteca escolar, empezando a engadir dentro das descripcións novos usos da mesma. Estase a notar cada vez máis a labor realizada durante estes dous últimos cursos no tocante a formación de usuarios e formación documental. 

Un exemplo dos traballo realizados polo alumnado.








jueves, 6 de diciembre de 2012

AQUÍ ESTAMOS DE NOVO

Xa pasaron uns meses, e tamén un trimestre dende o comezo do curso, e o blog da biblioteca non dera sinais de vida.

Pois ben, tentaremos a partires de agora, comentarvos todas as actividades tanto que fixemos durante este tempo coma as vindeiras iniciativas que temos proposto dende o noso humilde equipo de biblioteca.

Agardamos poder publicar entradas que recollan as últimas novidades, tanto no campo da nosa biblioteca escolar coma no eido dos contos e das lecturas, e como non o desenvolvemento do noso Proxecto Documental Integrado coa temática dos oficios. 

domingo, 4 de marzo de 2012

CRUCIGRAMA DE MULLERES GALEGAS

8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA



Sacado de www.madenglishouse.eu

O 16 de decembro do 1977 a Asamblea Xeral da ONU invitou a todos os estados que proclamaran un día no ano como Día das Nacións Unidas para os Dereitos da Muller e da Paz Internacional. Esta decisión adoptouse co motivo do Ano Internacional da Muller (1975) e do Decenio da Nacións Unidades para a Muller (1976-1985), ambos proclamados pola Asemblea e quedou fixado o 8 de marzo.

O Día Internacional da Muller refírese ás muller artífices da historia, e toma as súas raíces da loita nos tempos da muller por participar na sociedade en pé da igualdade.

Por este motivo, desde a biblioteca escolar estamos a deseñar actividades para conmemorar esta data. Todos os que esteades interesados acudide á biblioteca, alí investigaredes e coñecederedes unha chea de mulleres traballadoras, a maiores das que vos xa coñecedes. Para afondar neste traballo deixámosvos algunha información ao respecto.


Sacado do blog http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com


Se non carga copia e pega o seguinte enlace
http://www.symbaloo.com/mix/mullerestraballadoras

miércoles, 15 de febrero de 2012

UN AMOR DE BOTÓN

Biblo pensando en San Valentín escolleu un libro da biblioteca para xogar co alumnado do primeiro ciclo. O elixido foi Un Amor de botón da editorial Combel.un_amor_de_botonCon este libro, Biblo quería espertar nos nenos a curiosidade e a imaxinación, Para iso,  primeiro escribiulles unha carta onde lles solicitaba botóns e teas. Despois dun par de días, convocounos para comezar a xogar. Así, cada neno/a tivo que atopar a súa parella ( o botón que corresponda) como ocorre no conto. Con estes recursos (teas, botóns e algún outro) crearon unha composición artística, que quedou exposta no corredor de educación primaria.

 

A continuación podedes ver o entusiasmo e traballo realizado

 

martes, 14 de febrero de 2012

CORAZÓNS MENSAXEIROS

Chegou o día de San Valentín, e para celebralo puxemos en marcha unha serie de actividades relacionadas co amor. Unha destas proposta consistiu en escribir mensaxes, neles os nenos e as nenas escribiron sobre que significa para eles o amor,  a importancia do amor, da amizade…..

Estas mensaxes escribíronse en follas de cores con formas de corazóns, creando deste xeito os dous Corazóns Mensaxeiros que atoparedes na biblioteca.

Pola contra, Biblio para agradecerlle aos nenos e nenas as súas frases agasallounos cunha lambonada de corazón.

P1090501 

P1090493

 P1090386

P1090494  

viernes, 3 de febrero de 2012

VERDAD QUE SERÍA ESTUPENDO

A adaptación desta fermosa canción de Cómplices foi  unha actividade estupenda, e tanto o segundo, como o terceiro ciclo fixeron viaxar a súa imaxinación, e crear versos e frases tan fermosas como as que vos presentamos.

ADAPTACIÓN DE 4º EDUCACIÓN PRIMARIA

Imagen1

miércoles, 25 de enero de 2012

CREANDO AS NOSAS MANS

Esta  mañá a biblioteca estivo ateigada de nenos e de nenas. Todos querían facer as súas mans e decoralas coas cores para poder confeccionar as cadenetas.

P1090369  

P1090372

martes, 24 de enero de 2012

LIBROS POLA PAZ

  Durante esta semana no Panel das Novidades poderedes atopar libros relacionados  coa temática que estamos traballar estos días: a paz, amizade, valores como tolerancia, democracia, respeto……. Recollemos aquí algunhas das súas portadas, esperando que nos visitedes e poidades pasar un anaquiño disfrutando coa súa lectura.

P1090374

P1090377

lunes, 23 de enero de 2012

MANS

As nosas mans din de nós e do mundo. Hai mans xenerosas e mans avarentas; mans que acarician e mans que ameazan; mans que chaman e mans que condenan. O noso destino está nas nosas mans. Pero as mans tamén voan e aman, e soben e baixan, como tamén din e calan. As mans dos mais pequenos érguense cara nós para pedir o que non acadan como as mans enfraquecidas e feridas dunha gran parte da humanidade sinalan e avergoñan as nosas mans farturentas e delicadas.

Xabier P. DoCampo

Imagen9

Partindo das fermosas verbas de Xabier P. DoCampo queremos facer unha guirnalda coas vosas mans, para iso, precisamos que durante esta semana acudades á biblioteca para poder pintar as mans. Mans cheas de grandes, e grandes ideas, caricias, agarimos, mecos, ….. e unha infinidade de cousas que nós esperamos reflectedes na vosa creación. 

CONVIVIMOS?

A biblioteca quere ser unha máis, por iso, co gallo do Día da Escolar de la Paz y la No Violencia, 30 de xaneiro, queremos que todos os usuarios  participen das actividades propostas pola mesma.

Convivimos? É a proposta que o equipo de biblioteca está a argallar para festexar esta data. Así, o segundo e terceiro ciclo están elaborando un poema a partires da canción do grupo Cómplices titulada “Verdad que sería estupendo”. Baixo esta premisa deberán confeccionar un poema comparando os aspectos bélicos e negativos da sociedade, cos máis pacíficos e postivos; para o cal poderán acudir  a biblioteca e  consultar as diferentes fontes documentais, tanto impresas como dixitais.

Deberedes esperar ata o luns 30 de xaneiro para ver o resultado, e mentres podedes gozar coa escoita a través do videoclip que aparece a continuación.

 

BOAS A TODOS

Despois de varios meses sen ter novas a través do blog da biblioteca, voltamos con máis ganas e enerxía e pretendemos darvos conta do acontecido durante estos meses, e o mais importante comentarvos todo o que faremos de aquí en diante. 
 
la foto