lunes, 16 de mayo de 2011

OBRADOIROS DE MARCAPÁXINAS

Este venres decidimos realizar un obradoiro de marcapáxinas para que todos os nenos e nenas que desexasenP1040222 tivesen a oportunidade de levar de agasallo un marcapáxinas alusivo ao Día das Letras Galegas, adicado este ano a Lois Pereiro. A actividade tivo unha gran acollida, tanta que contamos repetir para o ano, realizando diferentes obradoiros durante o curso escolar, adicado a diferentes temáticas.  

domingo, 15 de mayo de 2011

AS MANUALIDADES DA MOCHILA VIAXEIRA

Como todos os anos, a Mochila Viaxeira regresa ao noso colexio cargada de fermosos traballados que de forma colaborativa se foron confeccionando durante a semana na que a citada mochila pasa pola casa do noso alumnado.

Temos que destacar de xeito especial a colaboración tanto das familias como dos nenos  e nenas, e darlle os nosos parabéns polo súa implicación e responsabilidade.

Aqui vos deixamos unha mostra das súas obras de arte.

sábado, 14 de mayo de 2011

CARACOIS E OS CONTOS DO CAMIÑO NA TVG2

caracoisA partires do día 2 de maio, os máis pequenos poderán gozar coas aventuras duns animaliños de xardín en Caracois (dirixida a nenos de entre 2 a 4 anos de idade), en horario de 7.30 a 8.00 de luns a venres. E partires do día 16 comezará a emisión de  Os contos do Camiño (dirixido a nenos de entre 3 a 7 anos) de 17.00 a 17.30, onde poderán gozar coas novas versións de relatos que marcaron a evolución de distintas culturas.

Ambas series son unha adpatación por parte de OQO Filmes dos álbums ilustrados da editorial ao formato audiovisual, a través da técnica de animacion stop-motion.

Destacar, polo tanto, que a   partires deste mes de maiodarabuc-ollobrusco-contos-do-camic3b1o-500, os nenos e nenas terán a oportunidade de volver gozar das historias de contos tan coñecidos para os cativos como A bruxa Regañadentes, Corre, Corre, cabaciña, Chocolata, Ollobrusco, Rato Tom e Rata Tomasa, A incríbel historia da nenapaxaro e o galopín….entre outro.

Aí vos quedan dous videos cos seus personaxes destas emisións.

CARACOIS NA TVG2
OS CONTOS DO CAMIÑO NA TVG2

lunes, 2 de mayo de 2011

SEÑOR MUNDO, DÍGAME?

A Secretaria Xeral de Política Lingüística busca promover a lingua galega entre osCARTEL sr mundo jpg rapaces e rapazas de 3 a 18 anos, por iso durante este curso escolar puxo en marcha o programa Bocaberta 2010-2011. As actividades que conforman este programa están elaboradas desde os intereses dos nenos e dos mozos co obxectivo fundamental de propiciar a súa participación activa a través da palabra.

Este programa de dinamización lingüística lévase a cabo en colaboración con 14 entidades, entre as que hai editoriais, discográficas, empresas de dinamización propiamente dita e artistas. A natureza das actividades responde aos intereses dos nenos e dos mozos e cobre un amplo abano de tipoloxías.

Na xornada do xoves 28 de abril, Bocaberta deleitounos cunha peza teatral poemada titulada Señor Mundo, Dígame? Todo o alumnado do centro, e como non o profesorado, puido gozar, durante uns 50 minutos, das verbas dos textos de Antonio García Teijeiro.