lunes, 16 de mayo de 2011

OBRADOIROS DE MARCAPÁXINAS

Este venres decidimos realizar un obradoiro de marcapáxinas para que todos os nenos e nenas que desexasenP1040222 tivesen a oportunidade de levar de agasallo un marcapáxinas alusivo ao Día das Letras Galegas, adicado este ano a Lois Pereiro. A actividade tivo unha gran acollida, tanta que contamos repetir para o ano, realizando diferentes obradoiros durante o curso escolar, adicado a diferentes temáticas.  

domingo, 15 de mayo de 2011

AS MANUALIDADES DA MOCHILA VIAXEIRA

Como todos os anos, a Mochila Viaxeira regresa ao noso colexio cargada de fermosos traballados que de forma colaborativa se foron confeccionando durante a semana na que a citada mochila pasa pola casa do noso alumnado.

Temos que destacar de xeito especial a colaboración tanto das familias como dos nenos  e nenas, e darlle os nosos parabéns polo súa implicación e responsabilidade.

Aqui vos deixamos unha mostra das súas obras de arte.

sábado, 14 de mayo de 2011

CARACOIS E OS CONTOS DO CAMIÑO NA TVG2

caracoisA partires do día 2 de maio, os máis pequenos poderán gozar coas aventuras duns animaliños de xardín en Caracois (dirixida a nenos de entre 2 a 4 anos de idade), en horario de 7.30 a 8.00 de luns a venres. E partires do día 16 comezará a emisión de  Os contos do Camiño (dirixido a nenos de entre 3 a 7 anos) de 17.00 a 17.30, onde poderán gozar coas novas versións de relatos que marcaron a evolución de distintas culturas.

Ambas series son unha adpatación por parte de OQO Filmes dos álbums ilustrados da editorial ao formato audiovisual, a través da técnica de animacion stop-motion.

Destacar, polo tanto, que a   partires deste mes de maiodarabuc-ollobrusco-contos-do-camic3b1o-500, os nenos e nenas terán a oportunidade de volver gozar das historias de contos tan coñecidos para os cativos como A bruxa Regañadentes, Corre, Corre, cabaciña, Chocolata, Ollobrusco, Rato Tom e Rata Tomasa, A incríbel historia da nenapaxaro e o galopín….entre outro.

Aí vos quedan dous videos cos seus personaxes destas emisións.

CARACOIS NA TVG2
OS CONTOS DO CAMIÑO NA TVG2

lunes, 2 de mayo de 2011

SEÑOR MUNDO, DÍGAME?

A Secretaria Xeral de Política Lingüística busca promover a lingua galega entre osCARTEL sr mundo jpg rapaces e rapazas de 3 a 18 anos, por iso durante este curso escolar puxo en marcha o programa Bocaberta 2010-2011. As actividades que conforman este programa están elaboradas desde os intereses dos nenos e dos mozos co obxectivo fundamental de propiciar a súa participación activa a través da palabra.

Este programa de dinamización lingüística lévase a cabo en colaboración con 14 entidades, entre as que hai editoriais, discográficas, empresas de dinamización propiamente dita e artistas. A natureza das actividades responde aos intereses dos nenos e dos mozos e cobre un amplo abano de tipoloxías.

Na xornada do xoves 28 de abril, Bocaberta deleitounos cunha peza teatral poemada titulada Señor Mundo, Dígame? Todo o alumnado do centro, e como non o profesorado, puido gozar, durante uns 50 minutos, das verbas dos textos de Antonio García Teijeiro.

sábado, 23 de abril de 2011

O BOSQUE DA LECTURA

Para conmemorar as celebracións do Día Internacional do Libro, 23 de Abril, e do Ano Internacional das Bosques, ano 2011, decidimos confeccionar

"O BOSQUE DA LECTURA"

Durante todas estas semanas, todos os alumnos e mestres estiveron traballando a reo para ter o noso bosque a punto. Un bosque cheo de árbores ben dispares, grandes e pequenas, altas e baixas, grosas e delgadas, ....., pero en todas elas un mesmo obxectivo: agradecerlle as árbores a oportunidade que nos ofrecen de poder gozar coa lectura, xa que, nos regalan o mellor dos tesouros: o papel. Nel escríbense as aventuras máis inverosímiles, máis estravagantes, máis divertidas, máis........

Dende o equipo de biblioteca, quixemos agradecerlle ese gran agasallo, e devolverlle as árbores o favor, decorándoas con lemas en forma de flores, froitos e follas.

GUSTÁVORONVOS AS ÁRBORES? QUE VOS SUXIREN?

AGARDADE, PORQUE MOI PRONTO, TEREDES UNHA SORPRESA MOI ESPECIAL

ATA PRONTO AMIGOS

BIBLO

miércoles, 20 de abril de 2011

DÍA DO LIBRO: 23 DE ABRIL DO 2011



A UNESCO recoñece o día 23 de Abril como o Día Internacional do Libro e do Dereito de Autor co obxectivo de fomentar á lectura ao mesmo tempo que a protección intelectual, por medio dos dereitos de autor.


A elección deste e non outro día, débese a coincidencia, en datas da morte de Miguel de Cervantes, Garcilaso de la Vega e William Shakespeare no ano 1616.


Esta data tivo e está a ter moita repercusión nos nosos días, sendo o máximo esponente a Diada de San Jordi celebrada en Cataluña, onde homes e mulleres se intercambian unha rosa por un libro e viceversa.




ANÍMATE A DESCUBRIR MÁIS DATOS CURIOSOS AO ARREDOR DESTA CONMEMORACIÓN









Se premes encima de Cervantes poderás atopar unha Caza do Tesouro confeccionado polo CEIP Walabonso- Niebla (Huelva) para o 2º e 3º ciclo de Educación Primaria. A ilustración é de Daniela Violi para Panamericana Editorial.

lunes, 18 de abril de 2011

DÉCALOGO DO BO LECTOR OU LECTORA

Neste mes da lectura e dos libros, queremos facer un fincapé especial cara a creación de hábitos lectores nas nosas familias, por iso, decidimos recoller este décalogo que aparece en leer.es. É moi importante que vós, as familias, fomentedes os hábitos lectores nos vosos fillos e fillas, deste xeito, poderemos acadar alumnos e alumnas competentes en materia lingüística, e sobre todo, interesados polos libros e pola lectura en xeral.




domingo, 10 de abril de 2011

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O pasado día 2 de Abril celebrouse o Día internacional do libro Infantil e Xuvenil, conmemorando deste xeito o nacemento de Hans Christian Andersen, escritor danés de contos coñecidos como Parruliño Feo, o Soldadiño de Chumbo….. entre outros moitos outros.


libro

miércoles, 23 de marzo de 2011

DÍA DA POESÍA

Hoxe, 21 de Marzo comeza a Primavera, e que mellor forma de celebramos festexando o Día da Poesía. Os nenos e nenas de 1º Educación Primaria prséntanvos, de seguido, unha poesía que ilustraron e recitaron dedicada en exclusiva a nosa biblioteca e a nosa mascota Biblo.


Pero non só dende o noso centro celebramos o Día da Poesía, senón que dende outros colexios tamén o fan. Neste procura atopamos un blog chamado Mar Azul que contén fermosos poemas adicados a Primavera, premede encima da imaxe se queredes acceder a el.Primavera_by_ElficSoul

lunes, 21 de marzo de 2011

DÍA DA ÁRBORE

A maiores tamén quixemos festexar o Día da Árbore e para iso os nenos e nenas de 1º Educación Primaria fixeronnos estes fermosos debuxos.


PARA FACER O RETRATO DUN PAXARO

Para-facer-o-retrato-dun-paxaro

Kalandraka tamén lle dá a benvida a primavera cun álbum que mestura os versos de Jacques Prévert e o canto á natureza reflectido nas ilustracións de Mordicai Gersteis.

“O CARBALLO” DE GONZALO LÓPEZ ABENTE

mf5glopezabente

Dende o blog de Trafegando Ronseis chegounos o poema “Carballo” de Gonzalo López Abente, escritor nado en Muxía, que cultivou narrativa, teatro e a poesía baseada na Costa da Morte.

jueves, 17 de marzo de 2011

SEMANA DE SAN PATRICIO

Esta semana está a ser un tanto especial no noso centro, xa que a “teacher” María quixo festexar con todos nós oDuende San Patricio Día de San Patricio, festa nacional de Irlanda. A biblioteca foi un dos espazos que utilizou o noso alumnado de Educación Primaria para poder realizar procuras de Duendes e Folliñas de Trevo. Para iso, utilizamos a CDU da nosa biblioteca, adaptada da proposta polas Bibliotecas Escolares. Cada grupo tiña unha tarxeta con dúas CDU, deste xeito debían localizar eses libros dentro da biblioteca.

P1030639P1030638

lunes, 28 de febrero de 2011

VISITA DE MARIO TOMÁS

Esta reapertura foi todo unha festa, e con tal motivo tivemos a visita do contacontos Mario Tomas, quen nos asombrou con numerosas historias e cunha inesperada compañía " o avó pato". Esta actuación agradou tanto a grandes como a pequenos.



POR FIN!!!

Por fin, despois de varios meses, máis dos que esperábamos, a biblioteca do CEIP Nosa Señora das Dores de Forcarei puido abrir as súa portas, e como non podía ser doutro xeito, empezou tirando a casa pola ventá. Hoxe, luns 28, Biblo, a nosa mascota, recibiunos na biblioteca cunha gran festa, aperitivos no recreo, agasallos para todos (un marcapáxinas, un libro e un material de animación á lectura) e una sesión de Contacontos ofertada polo Consorcio Editorial.

Esta nova biblioteca nace grazas a Consellería de Educación, xa que este curso admitíronnos no Plan Mellora de Bibliotecas Escolares, dándonos una cantía para facer melloras na mesma. Pero non só grazas a esta institución, senón que contamos coa colaboración do Concello de Forcarei, e en concreto co Obradoiro de Emprego, e de varias editoriais como Santillana e Anaya, e tamén La Voz de Galicia, que nos permitiron poder darlle a cada cativo un libro.




lunes, 14 de febrero de 2011

DEIXAMOS AS NOSAS CARTAS NO BUZÓN NAMORADO

Todos e cada un dos alumnos/as do noso centro estiveron durante a xornada do luns 14 entregando as súas cartas no Buzón Namorado.

UN SAN VALENTÍN MOI ANIMAL

Non só as persoas festexamos e celebramos co amor, senón que tamén os animais gozan de momentos inesquecibles e irrepetibles. Se queredes gozar con eles, podedes premer na seguinte imaxe e acceder ao glogster que vos presentamos dende a biblioteca.


GUÍA DE LECTURAS AMOROSAS

Para festexar estas datas a nosa biblioteca quixo facer unha escolma de varios libros relacionados co amor. Se queredes velos premede na imaxe.

MAMÁ, ¿DE QUÉ COLOR SON LOS BESOS?

Un lindo conto para gozar e sobre todo para xogar.
Animádesvos?



martes, 8 de febrero de 2011

BUZÓN NAMORADO

Para poder gardar as vosas cartas, e grazas a colaboración da "teacher" e da profe Patricia contamos nas portas da biblioteca co BUZÓN NAMORADO.

lunes, 7 de febrero de 2011

CONCURSO DE CARTAS DE AMOR


Este mes de febreiro, é un mes especial, xa que, como todos saberedes o 14 de febreiro é o Día dos Namorados. No noso centro queremos celebralo, e para iso, elaboraredes cartas e debuxos de amor ou de amizade, xa que consideramos que é necesario que lle digades aos vosos amigos e amigas o importantes que son para vós.

O luns 14 de febreiro deixaredes as vosas cartas na caixa de correos que atoparedes na entrada da biblioteca. Para iso debedes escribir por fóra e con boa letra a persoa e o curso a cal vai destinada dita carta. Durante a próxima semana entregaránsevos polas aulas.

Ánimo escritores amorosos

miércoles, 26 de enero de 2011

30 DE XANEIRO DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA

Como non pode ser doutro xeito, a biblioteca quere celebrar con todos vós este día tan especial, declarado como tal dende o 1964. Para iso, dende o equipo da biblioteca e contando co equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares estanse desenvolvendo varias actividades das que aquí daremos conta. Así e para que vaiades facendo boca, podedes obter información a través do Glogster que realizou unha das mestras do centro, premede encima da pomba para acceder a el.

APERTURA DA NOVA BIBLIOTECA

Boas a todos e a todas, dende o equipo de biblioteca comprácenos informarvos de que este mes de febreiro, por fin, abriremos as portas da nova biblioteca. Esperamos que tanto os cativos como os maiores gocedes coas novidades e sobre todo que cada vez máis utilicedes a nosa biblioteca como unha gran fonte de recursos.