miércoles, 21 de abril de 2010

Guías de Traballo

Para poder afondar máis sobre o cómic, dende a biblioteca elaborouse unha pequena guía de traballo sobre "Astérix y los Juegos Olímpicos" para poder orientar a lectura que están a facer os nenos e nenas de Educación Primaria do noso colexio. Este traballo non se fixo esperar, e todos se puxeron máns á obra. Aquí poderedes ver ao alumnado de 5º de Primaria moi afanoso. Ánimo a todos e a todas!!!.

lunes, 19 de abril de 2010

Astérix e Obélix na nosa biblioteca

Como o traballo é tanto, decidimos dividir este proceso de investigación por cursos. Cada aula será a encargada de desenvolver un proceso de investigación sobre un personaxe do cómic. Decidimos escoller os máis representativos, deixando unha xanela aberta para os curiosos e grandes exploradores que podemos atopar no noso centro. A distribución foi a seguinte:

1º EP: Obélix
2º EP: Astérix
3º EP: Panorámix
4º EP: Julio César
5º EP: Onde vivían?
6º EP: Ideafix
EI:Confeccións dos personaxes

A maiores, ao longo desta semana, e coincidindo co Día do Libro realizaremos unha exposicíón de cómic de Astérix e Obelix na biblioteca (préstamo provisional da mestre de inglés, María), visionaremos varias películas destes personaxes tan singulares, adaptadas as idades do noso alumnado e danzaremos como os indios, nunha singular danza que estamos a traballar con Toño, o mestre de música.
A diversión está garantizada!!!!!!!

XA ESTÁ PRÓXIMO O DÍA DO LIBRO

Este mes de abril, ten un marcado carácter diferenciador nas tarefas do noso colexio, xa que é o mes do libro, polo tanto temos porgramadas varias actividades para conmemorar esta data tan significativa.
O equipo de biblioteca decidimos que este ano 2010 traballariamos ao longo deste mes de abril co cómic, e máis concretamente cos cómics de Astérix e Obélix. Todos os niveis educativos terán unha tarefa que debemos desenvolver ao longo deste mes, para poder unificar o traballo este venres 23 no Salón de Actos baixo o título: Astérix e Obélix na nosa biblioteca.