viernes, 26 de febrero de 2010

ANDALUNA E SAMIR

Andaluna e Samir preséntannos unha marchosa canción na cal poñen de manifesto a necesidade da igualdade de xénero dos nenos e das nenas nas tarefas da casa.


Este material foi distribuído pola "Junta de Andalucía".

RECURSOS INTERESANTES

Grazas a web de Norberto preséntasenos unha cantidade de distintas ligazóns con interesantes recursos para traballar esta conmemoración dentro das nosas aulas. Se queredes visitala só teredes que premer na imaxe, e sobre todo agradecerlle a Norberto a súa implicación e dedicación.

CONTOS CON FINAIS DIFERENTES

Rebuscando e rebuscando atopamos uns contos un tanto especiais, xa que pouco se parecen a como os temos escoitados. Mirade e lede moi atentos, xa que algo lle vai pasar a Cincenta e a Bela Durminte. Atentos, atentos!!


Aportación do blog da Escola Unitaria de Vide

jueves, 25 de febrero de 2010

MULLERES CON BATUTA

A música traspasa fronteiras, por iso, nesta presentación atoparedes datos moi interesantes sobre outras Mulleres compositoras, presentación que titularemos "Mulleres con Batuta".


E vós, coñecedes outras compositoras galegas? e estranxeiras? Ai vos vai, polo tanto, unha nova proposta da biblioteca: Buscar ao longo destas semanas información sobre mulleres compositoras e colocala no panel informativo da biblioteca, entre todos o crearemos. Ánimo a todos e a todas, e a investigar!!!

AS MULLERES E A MÚSICA

Este ano dende o noso centro, e concretamente dende o Equipo de Normalización Lingüística e coa colaboración do mestre de música dedidiron tratar a temática da Muller Traballadora, relacionada coa música. Así levamos varios días a procura de información neste campo, e só cabe dicirvos que por desgracia, atopamos moitos exemplos e todos eles descoñecidos para nós.
Cabe destacar dentro da nosa comunidade: Galiza a actuación desenvolta por: Pilar Castillo Sánchez, María Balteira (soldadeira da época medieval, é dicir, mulleres adscritas á Corte que tiñan como oficio cantar e bailar, polo cal recibían unha soldada), Maruxa Villanueva (cantante, actriz e namorada de Galiza, foi unha das cantantes de máis recoñecemento polos medios arxentinos e por unha gran cantidade de admiradores galego), María Muñoz de Quevedo e María Valverde, neste caso, destacaremos a Pilar Castillo Sánchez por ser unha das únicas compositoras galegas que atopamos.

Pilar Castillo Sánchez

Pianista e autora de dúas composicións breve: Durme, unha nana para voz e piano e Maruxiña, unha muiñeira onde se musica un poema de Eduardo Pondal.

Premede encima da imaxe se queredes coñecer a súa biografía


8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O vindeiro 8 de marzo conmemórase o Día da Muller Traballadora, e dende a biblioteca non queremos ser menos e así poder sumarnos a esta celebración. Para iso, engadiremos ao longo das próximas semanas artigos, enlaces, lecturas de grande interese, para coñecer un chisco a tantas e tantas mulleres que fixeron e están a facer historia. Conmemorar este día supón recoñecer o traballo de tantas e tantas mulleres invisibles a ollos de todos/as.
Lembrade que na biblioteca do centro atoparedes unha morea de libros escritos por mulleres, así que a disfrutar deles.

miércoles, 24 de febrero de 2010

ACTIVIDADES PARA OS NENOS E NENAS DE 4º EP

A partires de hoxe dispoñedes dentro do blog da biblioteca de moitas actividades de diferente tipo que vos permitirán afondar nos vosos coñecementos. Así descubriredes actividades de Lingua referida a Ortografía1, Ortografía 2, Ortografía3, palabras homófonas1, palabras homófonas2, Diptongos, Sílaba, Sílaba1..., coñecederes a persoeiros tan importantes como Anxe Fole, e Roald Dahl e poderes ler dous textos cortos: Os golfiños intelixentes das latitudes boreais e Mariña.

A maiores poderedes gozar co Parchís Ortográfico que atoparedes nos xogos (lateral dereito) e co visionado de "La maldición de las Brujas" e "Got Anymore Bruno?" (Premede encima da que queirades ver).