viernes, 22 de octubre de 2010

UN MUNDO DE OPORTUNIDADES


A través deste lema, preséntasenos o cartaz da biblioteca confeccionado pola ilustradora Marina Seoane, tentando destacar o labor feito nas nosas bibliotecas escolares. As bibliotecas deben presentarse como un espazo educativo cheo de oportunidades para aprender, soñar, e como non, viaxar no tempo da man dunha multitude de personaxes e contos. Este cartaz cobra especial relevancia ao longo deste mes de outubro, no cal celebramos a festa da nosa biblioteca.

miércoles, 12 de mayo de 2010

ACTIVIDADES LIM SOBRE A OBRA DE UXÍO NOVONEYRA

As Letras Galegas xa nos están a petar na porta, por iso dende a biblioteca en colaboración co Equipo de Normalización Lingüística deseñamos varias actividades das cales os cativos de Infantil xa puideron gozar. Nesta ocasión leron o libro de Uxío Novoneyra "Ilda, o lobo, o corzo e o Xabarín" e ilustraron as súas personaxes, e algúns dos momentos máis especiais e chamativos. A maiores, e ao longo desta tarde estiveron xogando e aprendendo coas actividades LIM que presentamos neste Blog.



lunes, 3 de mayo de 2010

PROPOSTAS DIDÁCTICAS DO SEMINARIO GALÁN

Tamén o Seminario Galán como todos os anos prepara guías e actividades tanto impresas como online sobre a persoa homenaxeada. Aquí podedes acceder a toda esa información.


QUE SABEMOS SOBRE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS?

Realmente, damos por sentado en moitas ocasións que todos e todas entendemos o que significa o Día das Letras Galegas, pero realmente será así? Aquí enlazamos a Vieiros da Escola quen nos aportará algo de luz a esta cuestión.

ACTIVIDADES SOBRE UXÍO NOVONEYRA

Dende o CEIP Friáns- Teis, chégannos varias actividades LIM interesantes para traballar cos cativos e cativas. Así destacaremos actividades tanto para Infantil e 1º Ciclo, como para 2º e 3º ciclo de Educación Primaria. Animádevos a xogar, premendo encima da imaxe correspondente.


Actividades para 2º e 3º ciclo de Educación Primaria

Actividades para Educación Infantil e 1º Ciclo de Educación Primaria

domingo, 2 de mayo de 2010

LETRAS GALEGAS 2010

Xa están a piques de chegar as Letras Galegas, e por iso consideramos interesante dende o equipo de biblioteca, coñecer a figura a cal se lle adica este día. Este ano é UXio Novoneyra poeta courelán. Se o queredes coñecer un pouco máis premede na imaxe e poderedes ver un chisco da súa vida e obra, a través de divertidos xogos.


Este enlace está extraído do Blog da biblioteca do CEIP Condesa de Fenosa, Barco de Valdeorras: http://condesa.blogaliza.org/.

miércoles, 21 de abril de 2010

Guías de Traballo

Para poder afondar máis sobre o cómic, dende a biblioteca elaborouse unha pequena guía de traballo sobre "Astérix y los Juegos Olímpicos" para poder orientar a lectura que están a facer os nenos e nenas de Educación Primaria do noso colexio. Este traballo non se fixo esperar, e todos se puxeron máns á obra. Aquí poderedes ver ao alumnado de 5º de Primaria moi afanoso. Ánimo a todos e a todas!!!.

lunes, 19 de abril de 2010

Astérix e Obélix na nosa biblioteca

Como o traballo é tanto, decidimos dividir este proceso de investigación por cursos. Cada aula será a encargada de desenvolver un proceso de investigación sobre un personaxe do cómic. Decidimos escoller os máis representativos, deixando unha xanela aberta para os curiosos e grandes exploradores que podemos atopar no noso centro. A distribución foi a seguinte:

1º EP: Obélix
2º EP: Astérix
3º EP: Panorámix
4º EP: Julio César
5º EP: Onde vivían?
6º EP: Ideafix
EI:Confeccións dos personaxes

A maiores, ao longo desta semana, e coincidindo co Día do Libro realizaremos unha exposicíón de cómic de Astérix e Obelix na biblioteca (préstamo provisional da mestre de inglés, María), visionaremos varias películas destes personaxes tan singulares, adaptadas as idades do noso alumnado e danzaremos como os indios, nunha singular danza que estamos a traballar con Toño, o mestre de música.
A diversión está garantizada!!!!!!!

XA ESTÁ PRÓXIMO O DÍA DO LIBRO

Este mes de abril, ten un marcado carácter diferenciador nas tarefas do noso colexio, xa que é o mes do libro, polo tanto temos porgramadas varias actividades para conmemorar esta data tan significativa.
O equipo de biblioteca decidimos que este ano 2010 traballariamos ao longo deste mes de abril co cómic, e máis concretamente cos cómics de Astérix e Obélix. Todos os niveis educativos terán unha tarefa que debemos desenvolver ao longo deste mes, para poder unificar o traballo este venres 23 no Salón de Actos baixo o título: Astérix e Obélix na nosa biblioteca.


lunes, 8 de marzo de 2010

DÍA DA MULLER TRABALLADORA


Hoxe 8 de Marzo conmemoramos o Día da Muller Traballadora, recoñecido este pola Organización das Nacións Unidas (ONU). Neste Día conmemoramos a loita da muller pola súa participación, defensa da igualdade e da participación na sociedade igual cos homes.

viernes, 26 de febrero de 2010

ANDALUNA E SAMIR

Andaluna e Samir preséntannos unha marchosa canción na cal poñen de manifesto a necesidade da igualdade de xénero dos nenos e das nenas nas tarefas da casa.


Este material foi distribuído pola "Junta de Andalucía".

RECURSOS INTERESANTES

Grazas a web de Norberto preséntasenos unha cantidade de distintas ligazóns con interesantes recursos para traballar esta conmemoración dentro das nosas aulas. Se queredes visitala só teredes que premer na imaxe, e sobre todo agradecerlle a Norberto a súa implicación e dedicación.

CONTOS CON FINAIS DIFERENTES

Rebuscando e rebuscando atopamos uns contos un tanto especiais, xa que pouco se parecen a como os temos escoitados. Mirade e lede moi atentos, xa que algo lle vai pasar a Cincenta e a Bela Durminte. Atentos, atentos!!


Aportación do blog da Escola Unitaria de Vide

jueves, 25 de febrero de 2010

MULLERES CON BATUTA

A música traspasa fronteiras, por iso, nesta presentación atoparedes datos moi interesantes sobre outras Mulleres compositoras, presentación que titularemos "Mulleres con Batuta".


E vós, coñecedes outras compositoras galegas? e estranxeiras? Ai vos vai, polo tanto, unha nova proposta da biblioteca: Buscar ao longo destas semanas información sobre mulleres compositoras e colocala no panel informativo da biblioteca, entre todos o crearemos. Ánimo a todos e a todas, e a investigar!!!

AS MULLERES E A MÚSICA

Este ano dende o noso centro, e concretamente dende o Equipo de Normalización Lingüística e coa colaboración do mestre de música dedidiron tratar a temática da Muller Traballadora, relacionada coa música. Así levamos varios días a procura de información neste campo, e só cabe dicirvos que por desgracia, atopamos moitos exemplos e todos eles descoñecidos para nós.
Cabe destacar dentro da nosa comunidade: Galiza a actuación desenvolta por: Pilar Castillo Sánchez, María Balteira (soldadeira da época medieval, é dicir, mulleres adscritas á Corte que tiñan como oficio cantar e bailar, polo cal recibían unha soldada), Maruxa Villanueva (cantante, actriz e namorada de Galiza, foi unha das cantantes de máis recoñecemento polos medios arxentinos e por unha gran cantidade de admiradores galego), María Muñoz de Quevedo e María Valverde, neste caso, destacaremos a Pilar Castillo Sánchez por ser unha das únicas compositoras galegas que atopamos.

Pilar Castillo Sánchez

Pianista e autora de dúas composicións breve: Durme, unha nana para voz e piano e Maruxiña, unha muiñeira onde se musica un poema de Eduardo Pondal.

Premede encima da imaxe se queredes coñecer a súa biografía


8 DE MARZO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O vindeiro 8 de marzo conmemórase o Día da Muller Traballadora, e dende a biblioteca non queremos ser menos e así poder sumarnos a esta celebración. Para iso, engadiremos ao longo das próximas semanas artigos, enlaces, lecturas de grande interese, para coñecer un chisco a tantas e tantas mulleres que fixeron e están a facer historia. Conmemorar este día supón recoñecer o traballo de tantas e tantas mulleres invisibles a ollos de todos/as.
Lembrade que na biblioteca do centro atoparedes unha morea de libros escritos por mulleres, así que a disfrutar deles.

miércoles, 24 de febrero de 2010

ACTIVIDADES PARA OS NENOS E NENAS DE 4º EP

A partires de hoxe dispoñedes dentro do blog da biblioteca de moitas actividades de diferente tipo que vos permitirán afondar nos vosos coñecementos. Así descubriredes actividades de Lingua referida a Ortografía1, Ortografía 2, Ortografía3, palabras homófonas1, palabras homófonas2, Diptongos, Sílaba, Sílaba1..., coñecederes a persoeiros tan importantes como Anxe Fole, e Roald Dahl e poderes ler dous textos cortos: Os golfiños intelixentes das latitudes boreais e Mariña.

A maiores poderedes gozar co Parchís Ortográfico que atoparedes nos xogos (lateral dereito) e co visionado de "La maldición de las Brujas" e "Got Anymore Bruno?" (Premede encima da que queirades ver).