jueves, 5 de noviembre de 2009

AXUDANTES DA BIBLIOTECA

Durante este curso se lles solicitou a axuda e colaboración aos nenos e nenas de 6º nas tarefas de biblioteca, labor que aceptaron e están a desenvolver encantados. Así, por parellas, un día a semana, deben atender a biblioteca, respostar as demandas dos usuarios e realizar tarefas de organización e colocación, tanto dos espazos coma dos libros.
Moitas grazas e ánimo rapaces!

40 ANIVERSARIO DE BARRIO SÉSAMO

Fai corenta anos, nun mes coma este (novembro), naceron Epi e Blas, a Rana Gustavo, Coco, Elmo, Tricky, o Monstruo das galletas e todos os demais habitantes de Barrio Sésamo. A primeira vez que estes personaxes apareceron nos fogares dos norteamericanos a través dos televisores foi un 10 de novembro de 1969. Despois de oito anos, chegaron a España da man de Espinete, a Galiña Caponata, Don Pimpón e Perezgil, o caracol.
Dende aquela, xeracións e xeracións de nenos e de nenas medraron e medramos coas suas divertidas aventuras, as súas pegadizas cancións, e os xogos. Na actualidade Televisión Española segue continuando este proxecto coa emisión de "Juega conmigo, Sésamo". Adxuntamos a primeira cabeceira, alá polo ano 1976, deste programa infantil.

Moitas felicidades, Barrio Sésamo!!!

domingo, 1 de noviembre de 2009

MEDIA DÉCADA CON ASTERIX E OBELIX

Xa pasaron 50 anos dende o nacemento de Asterix e Obelix, habitantes da aldea gala. Para aqueles que nos os coñezan, comentarvos que Asterix é un home baixiño e de gran corazón; Obelix, o seu amigo, é forte, grande, bruto e o seu único pracer e comer e comer. Ambos habitan nunha aldea gala, unha aldea onde viven libres pero acosados polo Imperio Romano, que os ataca constantemente. Son moitas as aventuras e desventuras que lles ocorren das cales sempre saen invencibles grazas a pócema feita polo druida Panorámix. Se premedes encima da imaxe poderedes acceder ao sito oficial de Asterix e Obelix onde atoparedes moita máis información.

Aquí tendes un anaquiño das aventuras deste dous curiosos personaxes.


O CONTO DO SAMAÍN

Agora xa podedes ler e ver a verdadeira historia do Samaín.