jueves, 5 de noviembre de 2009

AXUDANTES DA BIBLIOTECA

Durante este curso se lles solicitou a axuda e colaboración aos nenos e nenas de 6º nas tarefas de biblioteca, labor que aceptaron e están a desenvolver encantados. Así, por parellas, un día a semana, deben atender a biblioteca, respostar as demandas dos usuarios e realizar tarefas de organización e colocación, tanto dos espazos coma dos libros.
Moitas grazas e ánimo rapaces!

40 ANIVERSARIO DE BARRIO SÉSAMO

Fai corenta anos, nun mes coma este (novembro), naceron Epi e Blas, a Rana Gustavo, Coco, Elmo, Tricky, o Monstruo das galletas e todos os demais habitantes de Barrio Sésamo. A primeira vez que estes personaxes apareceron nos fogares dos norteamericanos a través dos televisores foi un 10 de novembro de 1969. Despois de oito anos, chegaron a España da man de Espinete, a Galiña Caponata, Don Pimpón e Perezgil, o caracol.
Dende aquela, xeracións e xeracións de nenos e de nenas medraron e medramos coas suas divertidas aventuras, as súas pegadizas cancións, e os xogos. Na actualidade Televisión Española segue continuando este proxecto coa emisión de "Juega conmigo, Sésamo". Adxuntamos a primeira cabeceira, alá polo ano 1976, deste programa infantil.

Moitas felicidades, Barrio Sésamo!!!

domingo, 1 de noviembre de 2009

MEDIA DÉCADA CON ASTERIX E OBELIX

Xa pasaron 50 anos dende o nacemento de Asterix e Obelix, habitantes da aldea gala. Para aqueles que nos os coñezan, comentarvos que Asterix é un home baixiño e de gran corazón; Obelix, o seu amigo, é forte, grande, bruto e o seu único pracer e comer e comer. Ambos habitan nunha aldea gala, unha aldea onde viven libres pero acosados polo Imperio Romano, que os ataca constantemente. Son moitas as aventuras e desventuras que lles ocorren das cales sempre saen invencibles grazas a pócema feita polo druida Panorámix. Se premedes encima da imaxe poderedes acceder ao sito oficial de Asterix e Obelix onde atoparedes moita máis información.

Aquí tendes un anaquiño das aventuras deste dous curiosos personaxes.


O CONTO DO SAMAÍN

Agora xa podedes ler e ver a verdadeira historia do Samaín.

miércoles, 28 de octubre de 2009

EXPOSICIÓN: "LECTURAS DE MEDO"

Como xa comentamos, durante esta semana no noso centro educativo estase a festexar o Samaín, ou Halloween, como lle queirades chamar, e dende a biblioteca organizáronse varias actividades das que queremos dar conta aquí.
A primeira, ven da man da nosa mascota, xa que Biblo pretende acercar de xeito máis directo a esta festa e decidiu disfrazarse de vampiro, que vos parece?.
Destacar tamén, a decoración externa e interna da biblioteca e a exposición de "Lecturas de Medo", onde podemos atopar contos e relatos adaptados a todas as idades e tramos educativos que se imparten no CEIP.
Na seguinte presentación podedes ver de xeito máis detido algún dos títulos empregados na exposición.


Ai vos van varias cancións relacionadas co Samaín a nós gustáronnos e a vós?


jueves, 22 de octubre de 2009

UNHA BIBLIOTECA DE MEDO

Amiguiños e amiguiñas, o Samaín está a chegar, e a nosa biblioteca e a súa mascota Biblo, non queren ser menos, asi que durante esta semana festexaremos ben polo alto o Samaín, ou Halloween americano, relatando contos e relatos que nos fagan tremer co medo; para iso, son necesarias unhas transformación terróríficas dentro da biblioteca, se queredes e vos atrevedes a entrar, esperámosvos!!!. Para que non pasedes tanto medo ai vos vai unha canción de Mamá Cabra alusiva ao Samaín, esperamos que vos guste!!!

lunes, 5 de octubre de 2009

O HORARIO DA BIBLIOTECA

Poderedes acudir a biblioteca seguindo sempre o horario acordado, e respectando as normas da nosa biblioteca, normas que atoparedes expostas na propia biblioteca.



jueves, 1 de octubre de 2009

BENVIDOS A TODOS E A TODAS!

Voltamos con todos e todas a iniciar esta nova andaina deste novo curso, a través do cal esperamos vos divirtades e gocedes con Biblo. Durante este curso haberá exposicións, concursos, xogos.... nos cales vos iremos pedindo a vosa colaboración. Pensade que vós, nenos e nenas de Forcarei sodes os verdadeiros protagonistas do traballo que aquí se presente.
Ata prontiño.

lunes, 1 de junio de 2009

PARA CONSEGUIR O SOBRE Nº 6 E 7 ESTA SEMANA TEREDES QUE...

Traer da casa algo relacionado cos libros, as bibliotecas e/ou a lectura, por exemplo:

-Fotos de libros
-Artigos de prensa sobre feiras ou días do libro...
-Cousas sobre libros que atopedes en internet ( novidades, fotos, portadas...)


Moito ánimo e a ler...

lunes, 25 de mayo de 2009

A PROBA SEMANAL

Durante esta semana para conseguir o sobre nº4 e 5 teredes que atopar libros das editoriais: EVEREST, JUVENTUD, BRUÑO, ANAYA, XERAIS, KALANDRAKA E OQO. Preguntade aos profes que están na biblioteca
Un saudo e....a ler

martes, 19 de mayo de 2009

BENVIDA BIBLO!

Ola a todos e a todas!
Son Biblo a vosa Bibliomascota, a que poderedes visitar todos os días na biblioteca.
Un saúdo e ata ponto amiguiños
ESTA SEMANA FALTAN OS NENOS E NENAS DE 6º ASI QUE RETOMAREMOS A PROBA SEMANAL A PARTIRES DO LUNS 25 DE MAIO
ÁNIMO E... A LER

lunes, 11 de mayo de 2009

SE QUEREDES O SOBRE TRES UNHA PROBAS TEREDES QUE FACER

Buscar algún dato sobre Ramón Piñeiro. No Blog e en favoritos tedes algún enlace de internet que vos pode axudar.

Moito ánimo e ...a ler

domingo, 10 de mayo de 2009

17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano adicámoslle o Día das Letras Galegas a Ramón Piñeiro López

LETRAS GALEGAS

O 17 de maio celebramos as letras galegas; este ano adicadas ao lucense Ramón Piñeiro.Se queredes saber mais ahí vos vai un enlace da biblioteca CEIP FRIAN-TEIS DE VIGO:

martes, 5 de mayo de 2009

SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO

Se queredes conseguir o sobre nº 2 teredes que facer un bo debuxo dun libro que teñades lido na nosa biblioteca. Facedeo ben bonito porque despois colgarémolo no cartel "A MIN GÚSTAME LER" .

Animádevos!!!

lunes, 4 de mayo de 2009

NOVAS!!!

O xogo da adiviña seguie en marcha!. Animádevos a participar, cada semana novas e mellores pistas......

jueves, 12 de marzo de 2009