lunes, 22 de febrero de 2016

Unha nena chamada Rosalía

Rosalía de Castro, a dama das Letras Galegas, a muller que falou e escribiu en galego cando a nosa lingua era considerada a lingua dos "pobres e iñorantes", foi unha nena coma todos vós. Soñaba con ser pirata, fada ou india; gozaba agatuñando ás polas das figueiras; escribía versos chamando pola alborada porque tiña medo da escuridade e soñaba con cambiar o mundo e axudar á xente pobre e desfavorecida.
A través da voz de Uxía podemos coñecer a esa Rosalía Pequeniña; coñecer os seus soños, as súas esperanzas e ilusións , os seus medos e a súa maneira de enfrentarse a eles a través da palabra escrita na lingua da súa aldea, da súa xente, da súa terra.
Esperamos que vos guste tanto coma a nós.


 'Rosalía pequeniña' é o título libro-disco de Uxía na Editorial Galaxia (colección Sonárbore, 2013), ilustrado por Marina Seoane.
Se queredes coñecer a esta nena, clicade na imaxe para acceder a un Lim sobre a súa vida e obra.

http://www.chiscos.net/almacen/lim/rosal_ia_de_castro1/rosal_ia_de_castro.html


domingo, 29 de noviembre de 2015

Memorias dun neno labrego

Memorias dun neno labrego foi, precisamente, o primeiro libro en galego que lin na miña vida alá polos anos setenta cando o galego comezaba a ser unha asignatura obligatoria nas escolas. Tivémolo que traducir do galego ao castelán  e, a pesares do tedioso da tarefa pois moitas noites pasei ao carón dun diccionario, conseguiu engaiolarme a alma e , cada vez que escoito o seu título, éncheseme o corazón dunha tenrura infinita. Aquí vai a nosa homenaxe a Xosé Neiras Vilas da man deste lim creado polo colexio de Frián-Teis.Espero que gocedes del tanto como o fixen eu.
http://chiscos.net/f1/memorias/memorias_dun_neno_labrego.html

miércoles, 28 de octubre de 2015

Día da Biblioteca

O 24 de Outubro é recoñecido como o Día da Biblioteca, desde que hai anos comezara a celebrarse grazas ao empeño da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, no 1997.
Este ano, a través das Mochilas Viaxeiras, a nosa mascota Biblo quere que nos mergullemos nunha viaxe fantástica a través da maxia que se atopa agochada nos andeis da nosa biblioteca.
.....Estades preparados?

Pero temos que ser sinceros..... non puidemos agardar a este día para abrir a nosa biblioteca .....Xa dende comezos deste mes, as súas portas están abertas nos recreos das mañás e da hora de comer para  todos os nenos do centro´.Este ano contamos con novos encargados de biblioteca de 6º e 5º de Primaria que fan as delicias dos máis pequenos coas súas improvisadas sesións de contacontos.

Pero….Estade atentos porque Biblo tennos unha sorpresa para a semana que ven………..

lunes, 30 de marzo de 2015

Poemas apadriñados

Aqui tendes os nosos poemas apadriñados.

Poetizamos o colexio

O pasado 21 de Marzo celebrouse en todos os colexios o Día da Poesía. Este anos quixemos realizar unha actividade que non se ciñese exclusivamente a ese día, senon que quixemos que a poesía estivera presente ao londo de toda a semana e que nos acompañase o resto do trimestre. Propuxemos,conxuntamente co Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística, unha actividade de apadriñamento lector. Así, os alumnos de 6º a 3º de Primaria actuaron como padriños do resto de cursos, incluídos os nenos de Infantil. Cada padriño escolleu un poema  axeitado para a idade do seu afillado coa axuda dos seus titores entre unha escolma de libros de poemas mercados pola biblioteca para esta actividade ou ben, doutros libros propostos polos titores e alumnos. Nunha folla tiñan que ter copiado o poema ou parte del (dependendo da idade do afillado este podería copiar unha estrofa, verso, palabra ou engadir letras a palabras) previa a lectura. No recreo da mañá, cada apadriñado tiña que ler ao seu afillado o seu poema onde quixera(nos corredores, no patio, nunha aula, nas escaleiras,...) para, de seguido, completalo e ilustralo.
Unha vez rematados os poemas, pasamos a expoñelos nas paredes das escaleiras do centro para que todo o mundo puidera gozar das creacións dos padriños e afillados.
O máis salientable desta actividade foi o descubremento por parte dos apadriñados das capacidades e cualidades dos màis pequechos do colexio. De certo, que será unha actividade a plantexar no futuro.
Aqui vos deixamos un resumo da actividade.

domingo, 22 de febrero de 2015

De que cor son os bicos?

Como remate da Semana da Paz 2015, os alumnos de 4 e  anos, da man da súa mestra Cruz, adaptaron o conto de ELISENDA QUERALT titulado Mamá, ¿De qué color son los besos?, un fermoso conto ilustrado no que unha nai lle explica ao seu fillo que os bicos poden ser de moitas cores, laranxas porque están cargadiños de vitaminas;amarelos coma o sol;verdes como a música... Se queredes descubrir as súas cores, non deixedes de ver esta adaptación que fixo as delicias de maiores e pequenos arrancandonos moitos sorrisos.



Se queredes escoitar o conto orixinal e traballar a comprensión, aqui vos deixamos un ESL VIDEO que xa fixemos hai uns anos.

sábado, 7 de febrero de 2015

Os vosos intres de Paz

Ainda que cun pouquiño de retraso, xa tendes aquí a montaxe que realizamos con todas as imaxes que nos mandáchedes para a proposta INTRES DE PAZ. Moitas gracias a tod@s por colaborar e esperamos que vos guste.


INTRES DE PAZ from María Abilleira Pomar on Vimeo.